Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Consiste na utilización dun preparado hormonal ou dun DIU despois dunha relación coital con risco de embarazo, ben porque non utilizásemos método anticonceptivo ou ben porque nos fallase o método (rotura de condón, esquecementos de pílula...)

A PASTILLA DO DÍA SEGUINTE O PÍLULA POSTCOITAL

Esta é a medida de urxencia máis utilizada. Consiste nun preparado hormonal que se ten que tomar nas 72 horas seguintes ao coito efectuado sen protección, e o que fai é impedir que o óvulo aniñe, no caso de que fose fecundado.

  • QUE EFICACIA TEN?

É moi eficaz, e moito máis cando antes a tomes: a máxima eficacia alcánzase tomándoa nas 24 primeiras horas.

  • COMO ACTÚA?

Altera a capa interna do útero (endometrio), impedindo a progresión dos espermatozoides e impedindo a fecundación. Este método non serve para interromper o embarazo, é dicir, para abortar.

  • EN QUE CONSISTE? COMO SE TOMA?

Aínda que se fale de pastilla "do día seguinte", en singular, na realidade non é unha soa pastilla, senón varias, que han de tomarse tal e como indique o persoal sanitario.

Hoxe en día dispénsase pola Seguridade Social, no Centro de Orientación Familiar (COF) e nas farmacias.

Se precisades usala, acudide canto antes (aínda que lembra que tes 72 horas de prazo) e contade exactamente o que vos ocorreu, sen medo nin vergoña. O profesional encargarase de facer unha valoración e receitarávola, se así o considera oportuno. Non sempre é necesario tomala. Se vola receitan, é importante que sigades a pauta médica ao pé da letra.

SOBRE TODO, LEMBRA QUE A PÍLULA DO DÍA SEGUINTE NON É UN ANTICONCEPTIVO MÁIS. É UN MÉTODO DE EMERXENCIA, QUE DEBES EMPREGAR SÓ EN CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS.

Non se debe confundir a pílula do día seguinte coa pílula abortiva. Son cousas totalmente distintas:

A pastilla do día despois actúa antes de que se produza o embarazo, alterando as condicións do útero precisamente para evitar que o embarazo chegue a producirse.

A pílula abortiva, en cambio, é un preparado que se administra a mulleres embarazadas e que desexan abortar. Falaremos dela ao tratar do aborto.

O DIU

Unha vez que pasaron 72 horas, e ata as primeiras 120, hai outra posibilidade de anticoncepción de emerxencia, que é a inserción dun DIU.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión