Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

É unha alternativa que teñen as mulleres ante un embarazo non desexado ou con risco para a saúde. Trátase dunha decisión moi importante, por iso é necesario que a muller (ou a parella) se informe e asesore previamente.

 

COUSAS QUE HAI QUE TER EN CONTA

  • Dende o punto de vista LEGAL, tes que saber que dende a aprobación da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, estes son os supostos nos que se pode practicar a interrupción do embarazo:

  • Interrupción do embarazo por petición da muller.
    • Poderase interromper o embarazo dentro das primeiras catorce semanas de xestación por etición da embarazada, sempre que concorran os requisitos seguintes:
    • Que se informou a muller embarazada sobre os dereitos, prestacións e axudas públicas de apoio á maternidade, nos termos que se establecen nos apartados 2 e 4 do artigo 17 desta lei.
    • Que transcorrese un prazo de polo menos tres días, dende a información mencionada no parágrafo anterior e a realización da intervención.
  • Interrupción por causas médicas.
    • Excepcionalmente, poderase interromper o embarazo por causas médicas cando concorra algunha das circunstancias seguintes:
    • Que non se superen as vinte e dúas semanas de xestación e sempre que exista grave risco para a vida ou a saúde da embarazada e así conste nun ditame emitido con anterioridade á intervención por un médico ou médica especialista distinto do que a practique ou dirixa. En caso de urxencia por risco vital para a xestante poderá prescindirse do ditame.
    • Que non se superen as vinte e dúas semanas de xestación e sempre que exista risco de graves anomalías no feto e así conste nun ditame emitido con anterioridade á intervención por dous médicos especialistas distintos do que a practique ou dirixa.
    • Cando se detecten anomalías fetais incompatibles coa vida e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un médico ou médica especialista, distinto do que practique a intervención, ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento do diagnóstico e así o confirme un comité clínico.

Ademais, para que o aborto sexa legal, ten que ser practicado dentro dos prazos que fixe a lei para cada suposto. Ten que ser realizado por un médico ou baixo a súa dirección en centro ou establecemento sanitario público ou privado, acreditado e con consentimento expreso da muller embarazada.

 

  • Dende o punto de vista MÉDICO, debes saber que:
    • Un aborto realizado baixo control médico ten un risco mínimo. O risco ademais é menor canto antes se realice o aborto.
    • Non se che ocorra facelo ti soa nin que cho faga outra persoa! Á parte de que estes abortos clandestinos son ilegais (lembra o que dixemos sobre que o aborto debe practicalo un médico nun establecemento acreditado), nestes casos os métodos empregados poden non ser eficaces, e, ademais, podes estarte arriscando a danos graves ou á morte.
    • Cando a muller toma a decisión de abortar, debe acudir a un centro sanitario onde informarse dos pasos para seguir. Poderá acudir a un centro sanitario público (centro de saúde ou de planificación familiar) ou privado.

 

COMO SE REALIZA A INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO?

O aborto pode ser cirúrxico ou farmacolóxico:

  • ABORTO CIRÚRXICO - Consiste en aspirar o contido da cavidade uterina, con anestesia local e sen ingreso. Cando a xestación está moi avanzada, pode requirir ingreso, ou outro tipo de intervención menos sinxela.
  • ABORTO FARMACOLÓXICO - Adminístraselle á embarazada un medicamento abortivo (1 soa dose), e ás 48 horas outro fármaco distinto para asegurar a expulsión de calquera resto. Non pode usarse fóra dunha clínica autorizada, nin despois das 8 semanas de xestación.

En ambos os casos, a muller fará unha revisión post-aborto para garantir o éxito do tratamento, a ausencia de secuelas e o inicio dunha anticoncepción eficaz.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión