Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

  • Inicio
  • Espazos
  • Vivenda
  • Programa de axudas ao alugueiro de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

Programa de axudas ao alugueiro de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

A finalidade destas axudas é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores da poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

As axudas concederanse mediante convocatoria, a través dun procedemento de concorrencia competitiva e con carácter plurianual. Concederanse por un prazo máximo de 3 anos. Para poder gozar das anualidades do segundo e terceiro ano, deberase solicitar a renovación anual, no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial.

Establécense dúas liñas de axudas:

Liña A: Axudas ao alugueiro de vivenda

Persoas beneficiarias:

  • Persoas fisicas maiores de idade que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugueiro de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
  • A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de persoas estranxeiras deberán ter a residencia legal en España.
  • Os ingresos mínimos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2,5 veces o IPREM 1, excepto as familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.
A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, excepto casos especificados nas columnas B) e C) B) Familia numerosa de categoría XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C) C) Familia numerosa de categoría ESPECIAL ou persoas con algún dos tipos de discapacidade establecidos na convocatoria

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

2,5 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

4 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

5 veces IPREM

5.263,71€ 18.798,97€ 5.263,71€

30.078,36€

5.263,71€

37.597,95€

  • A renda mensual da vivenda non pode superar os importes que establece a convocatoria, e que dependen do concello no que estea situada.
  • Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda, o que se acreditará cun certificado de empadroamento, no que consten a data da solicitude e as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugueiro.
  • A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Contía:

  • Para persoas entre 18 e 64 anos: 40% da renda mensual de alugueiro.
  • Para persoas de 65 ou máis anos: 50% da renda mensual de alugueiro.

Efectos económicos nas axudas:

  • Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro do 2018, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro do 2018.

Liña B: Axuda á xuventude

  • Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda.
  • Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugueiro de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
  • A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de persoas estranxeiras deberán ter a residencia legal en España.
  • Os ingresos mínimos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,7 e 2,5 veces o IPREM, excepto as familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.
A) Requisito de ingresos da unidade de convivencia, excepto casos especificados nas columnas B) e C) B) Familia numerosa de categoría XERAL ou persoas con discapacidade (distinta da sinalada na columna C) C) Familia numerosa de categoría ESPECIAL ou persoas con algún dos tipos de discapacidade establecidos na convocatoria

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

2,5 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

4 veces IPREM

Ingresos mínimos:

0,7 veces IPREM

Ingresos máximos:

5 veces IPREM

5.263,71€ 18.798,97€ 5.263,71€

30.078,36€

5.263,71€

37.597,95€

  • A renda mensual da vivenda non pode superar os importes que establece a convocatoria, e que dependen do concello no que estea situada.
  • Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda, o que se acreditará cun certificado de empadroamento, no que consten a data da solicitude e as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugueiro.
  • A persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia deben estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Contía:

  • 50% da renda mensual de alugueiro da vivenda.

Efectos económicos das axudas:

  • Naqueles casos nos que se dispoña dun contrato con efectos económicos anteriores ao 1 de xaneiro de 2018, a axuda terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2018.
  • Para os contratos asinados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 e, en todo caso, con anterioridade á data de presentación da solicitude: a axuda terá efectos desde a data dos efectos económicos do contrato.
  • Naqueles casos nos que coa solicitude non se presente o contrato, a resolución de concesión quedará condicionada a que dentro dos dous meses, que se contan desde a data de notificación da resolución de concesión, se presente o citado contrato, así como o certificado de empradoamento. No caso de presentar esta documentación, a axuda aboarase desde a data dos efectos económicos do contrato.

CONVOCATORIA:

Publicación:

  • Bases e convocatoria: DOG 28-06-2018
  • Prazo: ata o 30 de xullo do 2018

Procedemento: VI432A

CONTACTO:

Instituto Galego de Vivenda e Solo (A Coruña)

Vicente Ferrer (Edif. Admtvo. Xunta) 2, 9º

15008 A Coruña

Tel.: 881 881 258

igvs.es

Non perdas

  • Elisa e Marcela toman as rúas

    Cando:

    27, 28 e 29 de novembro de 2018.

    Inscricións:

    Dende o 20/11/2018 ata o 23/11/2018

  • Nocturnia outubro-decembro 2018. Programa de ocio alternativo.

    Cando:

    Dende o 26/10/2018 ata o 15/12/2018

    Inscricións:

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade.

  • Intercambios profesionais Galicia-Norte de Portugal (Proxecto Lidera)

    Cando:

    Dende o 02/12/2018 ata o 07/12/2018

    Inscricións:

    Dende o 07/11/2018 ata o 20/11/2018

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?