Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Lexislación


  • VOLUNTARIADO

DECRETO 38/2014, do 20 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria.

Esta disposición nace co obxectivo de establecer as normas de organización e funcionamento do Consello Galego de Acción Voluntaria en consonancia coa regulación que deste órgano fai a Lei 10/2011, do 28 de novembro.

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Corrección de erros nos anexos I, II e III.

ORDE do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Esta disposición ten por obxecto regular a organización e o procedemento de inscrición e baixa no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia no desenvolvemento da Lei 10/2011, do 28 de novembro de acción voluntaria.

CORRECCIÓN de erros. Decreto 29/2014, do 6 de marzo.

CORRECCIÓN de erros. Decreto 29/2014, do 6 de marzo, polo que se derroga o Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

DECRETO 29/2014, do 6 de marzo.

DECRETO 29/2014, do 6 de marzo, polo que se derroga o Decreto 405/2001, do 29 de novembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

Lei de acción voluntaria de Galicia 2011 (716Kb).

Lei 10/2011 do 28 de novembro de acción voluntaria de Galicia. DOG, nº 242, do 21 de decembro de 2011.

Decreto 405/2001, do 29 de novembro polo que se regula o Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia.

O artigo 28 da Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado de Galicia, crea o Rexistro Público de Entidades de Acción Voluntaria da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á Consellería competente en materia de Administración local, e xestionado polo Servizo Galego de Voluntariado.

Lei 45/2015 de 14 de outubro, do Voluntariado.


Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

  • COOPERACIÓN INTERNACIONAL

 

Lei 23/1998, de 7 de xullo, de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Lei de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

Corrección de erros da Orde de 31 de xaneiro de 2001.

Corrección de erros da Orde de 31 de xaneiro de 2001, de bases xerais para a concesión de axudas a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento que realicen actividades no campo da Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Orde do 31 de xaneiro de 2001.

Orde do 31 de xaneiro de 2001 de bases xerais do Ministerio de Asuntos Exteriores para a concesión de axudas a organizacións non gobernamentais de desenvolvemento que realicen actividades no campo da Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Real Decreto 993/1999.

Real Decreto 993/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Organizacións non Gobernamentais de Desenvolvemento adscrito á Axencia Española de Cooperación Internacional.

Resolución 22/05/1997 SECIPI.

Resolución do 22 de Maio de 1997, da Secretaría de Estado para a Cooperación Internacional e para Iberoamérica, pola que se establece o procedemento para a presentación dos informes de seguimento final de proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados ás organizacións non gobernamentais de desenvolvemento. (BOE do 10 de xuño de 1997)

Resolución 26/05/1997 SECIPI.

Resolución do 26 de maio de 1997, da Secretaría de Estado para a Cooperación Internacional e para Iberoamérica, sobre xustificación e control do gasto dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento subvencionados a Organizacións non Gobernamentais. (BOE núm. 138, de 10.06.1997)

Non perdas

  • Exposición “Émesis” na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano

    Cando:

    Dende o 05/07/2018 ata o 31/07/2018

  • Móvete'18 Campaña de verán do Servizo de Turismo Xuvenil

    Cando:

    Dende o 15/06/2018 ata o 05/10/2018

  • Nocturnia marzo-xullo 2018. Programa de ocio alternativo

    Cando:

    Dende o 16/03/2018 ata o 14/07/2018

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?