Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Programas

Chaqueta colgada nunha percha, con estampado de letras formando palabras relacionadas co voluntariado como: compromiso, sensibilidade, etc.

ACCIÓN VOLUNTARIA NA CORUÑA

 

ACCIÓN VOLUNTARIA EN GALICIA

Programas de voluntariado postos en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado:

Programas de voluntariado na Universidade

 

OUTROS PROGRAMAS

 

Campos de Traballo

Os Campos de Traballo son actividades que se realizan durante o verán nas que grupos de mozos e mozas de diferentes procedencias se comprometen a colaborar de maneira desinteresada e voluntaria en traballos diversos e a participar nunha serie de actividades complementarias que favorecen e fomentan a convivencia, a participación, a tolerancia, a solidariedade e o intercambio cultural.

Son levados a cabo na nosa comunidade, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades ou organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Normalmente son as Direccións Xerais de Xuventude das CC.AA. as encargadas de organizar a maior parte destes campos de traballo, no caso de Galicia é competencia, polo tanto, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Intenta estar pendente das convocatorias para coñecer a oferta anual e inscribirte dentro dos prazos establecidos.

Particularidades dos campos de traballo:

  • A apertura de prazos adoita ser cara ao mes de abril de cada ano.
  • É obrigatorio o pago da correspondente cota de inscrición, que cubrirá o aloxamento, a manutención e un seguro de accidentes de responsabilidade civil, por outra banda a viaxe sempre corre por conta dos participantes.
  • As idades para participar oscilan entre os 18 e os 30 anos, dependendo dos requisitos que para este aspecto estipule cada proxecto.
  • A súa duración varía entre 10 días e un mes (normalmente 2 ou 3 semanas).
  • A xornada laboral oscila entre as 35 e 40 horas semanais, quedando o tempo restante para realizar actividades de tempo libre, charlas, debates, visitas culturais, etc.
  • As tarefas que se van realizar son moi diversas:
    • Culturais (participación na organización de festas ou eventos culturais...)
    • Medioambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...)
    • De construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares de uso público...)
    • Sociais (traballo con nenos, maiores, discapacitados, marxinación e exclusión social...)
    • Arqueolóxicas (recuperación ou conservación de xacementos ou monumentos...)

Campos de traballo internacionaisAdemais dos xestionados a través das Direccións Xerais de Xuventude, existen outras organizacións sen ánimo de lucro que levan anos implicadas na organización destas actividades. A máis representativa é SCI (Servizo Civil Internacional)

Dende esta organización articulan campos de traballo seguindo un criterio xeográfico, de maneira que programan:

  • Campos de voluntariado: en contorno europeo e países mediterráneos e, en xeral, nos países desenvolvidos
  • Campos de solidariedade: en países do sur doutros continentes, en proxectos máis próximos á cooperación internacional

Volver a menú

Proxectos de Voluntariado - Erasmus+

O Proxecto de Voluntariado permítelle a un/unha mozo/a participar activamente nunha organización que o/a acolle nun país diferente ao que reside e lle ofrece entrar en contacto con outras culturas, así como aprender outros idiomas para levar a cabo un labor de solidariedade e apoio á comunidade local, nun período máximo de 12 meses nun amplo campo de actividades de diversa índole.

Os voluntarios participarán nunha actividade non lucrativa e non remunerada a tempo completo, aínda que recibirán unha pequena asignación semanal ou mensual ademais de ofrecerlles aloxamento e pensión completa, co fin de que todos os gastos estean cubertos e o Proxecto de Voluntariado resulte totalmente gratuíto para os participantes. Contarán tamén cun seguro de enfermidade, apoio lingüístico e a asistencia permanente dun titor.

Ao rematar o proxecto terán dereito a recibir un certificado Youthpass, que describe e valida a experiencia de aprendizaxe adquirida durante o proxecto. A través deste certificado, a Comisión Europea garante que a actividade de voluntariado sexa recoñecida como unha experiencia educativa e un período de aprendizaxe non formal e informal e poida influír favorablemente no futuro educativo ou no camiño profesional do participante.

Un Proxecto de Voluntariado baséase na colaboración imprescindible de tres socios:

  • Voluntario/a 
  • Organización en envío 
  • Organización de acollida

Perfil do voluntario/a:

  • Mozo/a de entre 17 e 30 anos 
  • Residente legal nun país participante no programa ou asociado
  • Interesado nunha experiencia de cidadanía activa e educacional non formal 
  • Disposto a desenvolver as súas capacidades, adquirir habilidades e destrezas de carácter social, intercultural e de enriquecemento persoal. 

Para obter máis información consulta a sección ESPAZOS - EUROPA - Proxectos de Voluntariado

Volver a menú

Corpo Europeo de Solidariedade

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha nova iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que a mocidade traballe como voluntaria ou colabore en proxectos "nos seus propios países ou no estranxeiro" que beneficien a comunidades e cidadanía de toda Europa.

Como funciona?

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha reserva de mozos e mozas que fixeron constar o seu interese por participar en proxectos de solidariedade e que aceptan e defenden os obxectivos e principios do Corpo Europeo de Solidariedade.

Ao inscribirse, os seus datos quedarán gardados no sistema do Corpo Europeo de Solidariedade, en cuxa base de datos as organizacións poderán buscar persoas para participar nos seus proxectos.

A Comisión Europea convidará as organizacións a solicitar financiamento e outros tipos de axuda para aqueles proxectos que cumpran os obxectivos e principios do Corpo Europeo de Solidariedade. Unha vez autorizados os proxectos, as organizacións poderán acceder á reserva de participantes e seleccionar aquela mocidade que teña as características máis idóneas para participar no proxecto. A continuación, as organizacións poñeranse en contacto cos potenciais participantes e tomarán a súa decisión final.

Que modalidades hai?:

Actividades de voluntariado: a vertente de voluntariado ofrécelle á mocidade a oportunidade de prestar noutro país un servizo voluntario a tempo completo durante un período de entre dous e doce meses. O voluntariado non percibirá ningunha remuneración, pero si outros tipos de axuda que dependerán do programa da UE que financie a actividade: en xeral, transporte de ida e volta ao proxecto, aloxamento, comidas, seguro médico e algo de diñeiro de peto para os seus gastos de estancia.

Actividades ocupacionais: A vertente ocupacional ofreceralle á mocidade unha oportunidade de traballo, prácticas ou aprendizaxe en toda unha serie de campos de actividade relacionados coa solidariedade.

A mocidade contratada a través da vertente ocupacional do Corpo Europeo de Solidariedade terá contrato de traballo e será remunerada de maneira acorde coa normativa salarial e os convenios colectivos vixentes no país correspondente. En principio, cóntase con que corran cos seus propios gastos de estancia e aloxamento grazas ao soldo que lles pague o seu empregador. Estarán suxeitos á lexislación laboral do país no que traballen.

Que requisitos hai que cumprir?

  • Para inscribirse no Corpo Europeo de Solidariedade débense ter 17 anos, pero non se poderá empezar o proxecto ata que se cumpriron os 18. Deberase terminar o proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade antes de cumprir os 31 anos.
  • Débese ter a nacionalidade (ou a residencia legal) dun dos estados membros da Unión Europea ou dun destes países: Islandia, Liechtenstein, Noruega, Turquía ou a antiga República Iugoslava de Macedonia.

Como se presenta unha organización para levar a cabo proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade? Ao longo do ano, a Comisión Europea anunciará convocatorias de propostas para distintos tipos de proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade. Os proxectos deben ser acordes cos obxectivos e principios do corpo.Os anuncios sobre o Corpo Europeo de Solidariedade aparecerán en publicacións especializadas e nas contas da Comisión Europea nas redes sociais.

CONTACTO:

Corpo Europeo de Solidariedade

europa.eu/youth/SOLiDARITY_es

Volver a menú

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?