Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Limpeza de fachadas comerciais

Programa de limpeza de fachadas de locais comerciais e de hostalería que se atopen abertos ao público e teñan as ditas fachadas afectadas por pintadas e/ou graffitis

O obxectivo do programa é obter datos para determinar a necesidade e alcance dunha actuación por parte do Concello da limpeza de fachadas de establecementos abertos ao público: valorar a necesidade da contratación, determinar o número de establecementos interesados e o alcance da propia actuación.

As persoas beneficiarias do programa son as propietarias de establecementos comerciais e de hostalería, así como de establecementos con actividades profesionais (microempresas e pequenas empresas) que se atopen abertos ao público e teñan fachadas exteriores do propio local afectadas por pintadas e/ou graffitis.

Para participar no programa as persoas interesadas deberán presentar, nalgún dos Rexistros Municipais, a solicitude de participación que figura como Anexo nestas bases e o resto da documentación que se indica no prazo máximo dun mes desde a súa publicación no taboleiro de anuncios na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es)

Fin do prazo: 19.12.2018                                                                                                                    

As persoas interesadas quedarán nunha lista de agarda por orde de inscrición, por si se desenvolve finalmente a iniciativa municipal da limpeza de fachadas. Con posterioridade ao dito prazo poderanse incorporar novas solicitudes, igualmente por orde de inscrición, en tanto se conte con dispoñibilidade e medios para realizar ou  ampliar o programa.

Documentos relacionados

  • Bases que rexen a participación no Programa de Limpeza de Fachadas de Locais (168 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión