Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercado ecolóxico

O Mercado converteuse xa nunha cita obrigada para moitas persoas que atopan nel produtos ecolóxicos e de proximidade de alimentación, limpeza do fogar, roupa e accesorios, cosmética e hixiene e residuo cero achegándose ao Campo da Leña o primeiro e terceiro domingo de cada mes de 10.00 a 15.00 horas.

No Mercado o 50% dos produtos á venda teñen certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, un 25% son vendedores de produtos ecolóxicos da cidade e o 25% restante venden produtos de proximidade.

Nos postos de venda que se instalan na praza a produción de horta é a estrela, variando en función da temporalidade dos produtos, pero tamén se poden atopar produtos de herboristería, panadaría, bebidas, téxtil, xoguetes, xardinería e outros, algúns dos cales rotan ao longo das distintas edicións.

Ademais de promocionar hábitos saudables e xerar un espazo para que produtores e comerciantes fagan visibles e vendan os seus produtos, altérnanse outras actividades como degustacións, actuacións e obradoiros no toldo de dinamización con actividades gratuítas tanto para adultos como para público infantil.

O mercado ecolóxico non estará activo durante o mes de agosto.

Máis info. nas redes (@mercaecocoruna).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión