Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2019

O Concello colaborará coa asociación ABAC no aumento de campañas de sensibilización e na mellora de servizos a persoas con trastornos alimentarios

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira Yoya Neira visitaron as instalacións da sede no Barrio das Flores

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, visitaron esta mañá as instalacións da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), onde a presidenta e a directora do colectivo, Asunción del Valle e Fátima Pérez, lles deron a coñecer o labor que realizan diariamente coas 85 persoas que o conforman.

Rey comprometeuse a colaborar no aumento de campañas de sensibilización e para mellorar os servizos que dispensan desde a sede da rúa Petunias e que non se quedan nunha intervención e comedor terapéuticos, senón que tocan todo o referente á prevención e ao asesoramento sobre a nutrición ás e aos usuarios, un apartado que reforzan cun soporte psicolóxico desde ABAC.

A alcaldesa e a edila valoraron as distintas actividades que ofrece a asociación para completar a terapia e que van desde clases de ioga a obradoiros de expresión corporal e de habilidades sociais, xunto a unha área de coñecemento, no que o cadro de persoal non só participa en parladoiros e congresos. Tamén asinan convenios para que os futuros profesionais se formen e facilitarlles así o acceso ao mercado laboral ás universitarias e aos universitarios que se queiran especializar nestas enfermidades desde as distintas disciplinas que as tratan.​

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión