Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2019

Os premios “A Coruña Solidaria” dan a coñecer o labor da Cociña Económica a través da mirada de persoas con diversidade funcional

O concurso fotográfico, impulsado pola Sociedade Filatélica co respaldo da Fundación Emalcsa, visibiliza o traballo artístico de persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Asperxer. A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, agradeceu o labor das entidades que traballan a favor da inclusión social e que “regalan o seu tempo ao servizo dunha cidade cada día máis diversa” .

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, entregou esta tarde en María Pita os premios do concurso fotográfico "A Coruña Solidaria" impulsado pola Sociedade Filatélica, coa colaboración da Fundación Emalcsa, a través do seu programa de subvencións da Cultura Inclusiva, e da Cociña Económica.  

O certame, que busca dar visibilidade ao traballo de persoas con diversidade funcional da Asociación a prol das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA) e a Asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas pola síndrome de Asperxer (ASPERGA), tiña como tema dar a coñecer o labor que a Cociña Económica realiza desde a súa fundación en 1886.  A concelleira agradeceu á Sociedade Filatélica e á Fundación Emalcsa a súa implicación no campo da inclusión cultural e felicitou aos premiados, "os verdadeiros protagonistas que nos ensinades cada día que non existen as barreiras, que non existe a exclusión". Destacou tamén o inmenso labor de Aspronaga e Asperga e das familias "que traballades cada día para a eliminación de barreiras e conseguir unha cidade máis inclusiva".   

Os premiados nesta terceira edición foron Vicente Fernández, Daniel Aguilera e José Martínez, mentras que Violeta González recibiu un áccesit pola a súa imaxe. A Sociedade Filatética fará unha tirada especial de selos e tarxetas con todas as fotografías gañadoras.  Ademais, as imaxes seleccionadas formarán parte da exposición filatélica conmemorativa do "330º aniversario da creación da liña marítimo-postal FalmouthCoruña", que se celebrará o próximo mes de novembro na sala de exposicións da Casa da Cultura Salvador de Madariaga.  

O acto contou coa presenza de Manuel Aguilar, director xerente da Fundación Emalcsa; José Luis Rey, presidente Sociedade Filatélica da Coruña; Rita González Fernández, presidenta de Asperga; Nicanor Álvarez, presidente de Aspronaga e Jacinto Luís Torres, presidente da Cociña Económica 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión