Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña está comprometido coa accesibilidade en todos os ámbitos.

Na convicción de que a accesibilidade non é de interese só para as persoas con discapacidade senón que mellora o acceso á web para todas as persoas, todas as páxinas web municipais utilizan tecnoloxías estándar establecidas polo W3C.

As páxinas deste sitio seguen as normas e pautas de accesibilidade establecidas en Norma UNE 139803:2012 e as directrices Web Content Accessibility Guidelines WCAG 2.0. O gran número de páxinas e persoas que manteñen contidos web municipais poden facer que se produzan erros que impidan o cumprimento estrito destas normas ou que algunha persoa usuaria acceda á información. Se atopa algunha dificultade para acceder á información que se ofrece nas nosas páxinas rogámoslle que nolo faga saber utilizando o formulario de Suxestións e Reclamacións (SyR) ou ben poñéndose en contacto co teléfono de atención cidadá 010 (981 920 010 se chama desde fóra do termo municipal).

Referencias sobre accesibilidade

Se desexa coñecer máis sobre o contido web accesible pode consultar as seguintes ligazóns:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión