Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Cartel do concurso co lema central

VII EDICIÓN DO CONCURSO DE VIÑETAS "SEN ADICCIÓNS... UN BO PLAN" PARA A PROMOCIÓN DO LECER SAUDABLE NA MOCIDADE 2017

DITAME DO CONCURSO

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña ditaminou a VII edición do concurso de viñetas: "Sen adiccións...un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade e implicala no deseño de estratexias de sensibilización na prevención de condutas adictivas.

A temática que se abordou nesta edición foi, para a categoría 1 (alumnos/as de 1º e 2º de ESO) "Lecer saudable... un bo plan" e para a categoría 2 (alumnos/as de 3º e 4º de ESO e FP básica) "Sen alcol e outras adiccións...un bo plan".

Os premios serán entregados ás persoas premiadas e aos seus respectivos centros escolares, o día 20 de decembro ás 10:30 horas no Concello da Coruña pola concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán.

ACTA DO XURADO

O xurado da VII edición do concurso de viñetas "Sen adicción...un bo plan", para a promoción do lecer saudable na mocidade, composto por:

- Silvia Cameán Calvete, concelleira de Xustiza Social e Coidados

- Carmen Villar Cures, asesora técnica da Concellería de Xustiza Social e Coidados

- Regla Dávila Caballero, directora de programas

- Rocío Pena Franco, técnica medio de apoio social

- Teresa González García, técnico superior de servizos sociais

Reunido o día 12 de decembro ás 9:00 h, procedeu á valoración das viñetas presentadas polo alumnado dos centros escolares da cidade, e ditaminou como premiadas as viñetas deseñadas polos seguintes participantes e os seus centros escolares:

Categoría 1 (mocidade que cursa 1º e 2º de ESO):

Raquel González Calvo, que cursa 2º de ESO no IES Salvador de Madariaga.

Na súa viñeta expresa unha múltiple variedade de accións saudables nas que asocia a diversión á elección dun "bo plan". Emprega as imaxes e a cor para transmitir a positividade e as vantaxes dun lecer saudable na mocidade.

Categoría 2 (mocidade que cursa 3º e 4º de ESO e FP básica):

Roi Moreno Riveiro, que cursa 3º de ESO no IES Otero Pedrayo.

O autor utiliza na súa viñeta o minimalismo para expresar unha idea clara e gráfica sobre os prexuízos do uso abusivo do alcol. A sinxeleza do trazo en branco e negro combinado coa cor mínima e forte da mensaxe positiva, expresa de forma clara e visual a mensaxe que pretende transmitir.

Así mesmo, ante a calidade, tanto na forma como no contido, de todas as viñetas presentadas, o xurado decidiu premiar cun accésit, en ambas as categorías, as viñetas dos seguintes participantes e aos seus centros escolares:

Accésit categoría 1 (mocidade que cursa 1º e 2º de ESO):

Kaito Ternero Sashida, que cursa 1º de ESO no IES Eusebio da Guarda.

Presenta dúas viñetas relacionadas, nas que mostra a mesma situación en circunstancias distintas, respecta a grafía clásica dos cómics, utilizando o branco e negro e os sombreados no deseño para expresar a negativa fronte ao positivo.

Accésit categoría 2 (mocidade que cursa 3º e 4º de ESO e FP básica):

Antía Pardo López, que cursa 3º da ESO no CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco.

Na súa viñeta reflicte unha dualidade na que as decisións que se toman inflúen nas consecuencias que poden darse, así como a importancia que ten a elección de hábitos saudables para poder previr os riscos relacionados coas adiccións.

As viñetas gañadoras pasan a ser propiedade do Concello da Coruña e poden ser utilizadas en posteriores campañas ou actividades de prevención que se leven a cabo, así como para o desenvolvemento doutras actividades de carácter socioeducativo ou preventivo organizadas pola Concellería de Xustiza Social e Coidados.

  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?