Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Cartel do programa

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE LECER SAUDABLE PARA A MOCIDADE  EN CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS 2017​

A Concellería de Xustiza Social e Coidados leva a cabo o Programa de promoción de lecer saudable para a mocidade nos centros cívicos, no que  oferta actividades dirixidas á mocidade de 12 a 30 anos principalmente nos meses de xuño, xullo e agosto.

Este programa ten como obxectivo principal o fomento de hábitos saudables, o reforzo do lecer saudable e a prevención de condutas adictivas entre a mocidade a través de actividades alternativas de ocio construtivo.

O Programa de promoción do lecer saudable en centros cívicos encádrase dentro das distintas accións que se realizan dentro do Programa Municipal de Prevención de Drogodependencias.

As actividades son gratuítas e son de tipo deportivo, ambiental, artístico, audiovisual, formativo..., de distinta duración.

Entre as actividades nas que poden participar os máis novos, de 12 a 17 anos, están: Iniciación ao surf, Street food (pratos de cociña na rúa de EE.UU., Xapón, México, Reino Unido, Italia), Aeróbic latino, Voleibol praia, Stop Stress (técnicas e exercicios de relaxación), Baile moderno, Crea o teu propio blog e páxina web, Iniciación á robótica, Fotografía con cámaras caseiras: cámara estenopeica, Multideporte, Crea as túas propias apps para móbiles, Deseño e estampaxe en papel, Iniciación á esgrima, Maxia, Customiza o teu móbil e Recuncho de estudo.

A mocidade de 18 a 30 anos poderá participar en: Xornadas multiaventura (escalada, sendeirismo costeiro, ruta BTT, ruta en canoa), Cociña mediterránea (receitas de cociña francesa, italiana, grega, marroquí), Creación de páxinas web e blogs, Curso de primeiros auxilios en colaboración con Cruz Vermella (acreditación de asistencia), Curso de mediación en prevención de drogodependencias en colaboración con ACLAD (acreditación de asistencia), Curso de prevención e mediación en situación de bullying.

A inscrición para estas actividades realizarase do 26 a 28 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 19:00 h, nos centros cívicos nos que se levan a cabo cada unha das accións. No caso dos centros cívicos de Elviña e Mesoiro as datas de inscrición serán do 21 a 23 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 e de 17:30 a 19:00 h.

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas. A admisión nas actividades será por orde de inscrición. A realización de actividades estará condicionada á existencia dun número mínimo de persoas inscritas que pode variar segundo as características de cada unha delas.

Para máis información pódense dirixir aos centros cívicos municipais e consultar a web www.coruna.es/serviciossociales ou www.coruna.es/corunasindrogas e o teléfono de información cidadá 010.

Este programa é continuación dos realizados nos anos anteriores, no que era subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas. Participaron no ano 2016 nas distintas actividades un total de 1.361 mozos/as da cidade, en 63 grupos, que realizaron 26 actividades. Cubríronse o 100% das prazas nas accións do programa ofertadas.

CORRECCIÓN DE ERROS DO DÍPTICO DE LECER SAUDABLE PARA A MOCIDADE EN CENTROS CÍVICOS

No Centro Cívico A Silva e no Centro Cívico de Monte Alto ten unha modificación de datas na actividade "Crea o teu propio blog e páxina web" e nos Centros Cívicos de Mesoiro e Elviña veñen incompletas as datas de inscrición, e o correcto é o seguinte:

Centro Cívico A Silva:

Crea o teu propio blog e páxina web: mocidade de 13 a 17 anos, de 11 de xullo a 8 de agosto, os martes de 10:30 a 12.30 h.

Centro Cívico Monte Alto:

Crea o teu propio blog e páxina web: mocidade de 18 a 30 anos, do 10 a 19 de xullo, luns e mércores, de 10:30 a 12:30 h.

Datas de inscrición nos Centros Cívicos de Elviña e Mesoiro:

No caso do Centro Cívico de Elviña e do Centro Cívico de Mesoiro a inscrición será o 21, 22 e 23 de xuño . En horario de 11:30 a 13:00 h e de 17:30 a 19:00 h. (o día 23 só en horario de mañá). No resto de centros cívicos as datas e os horarios de inscrición serán do 26 a 28 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 h e de 17:30 a 19:00 h.

Díptico lecer saudable (779 KB)

  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?