Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Que é?

O cannabis é unha droga que se extrae da planta cannabis sativa, con cuxa resina, follas, talos e flores elabóranse as drogas ilegais máis consumidas en España: o haxix e a marihuana. Os seus efectos sobre o cerebro son debidos principalmente a un dos seus principios activos, o tetrahidrocannabinol ou THC, que se atopa en diferentes proporcións segundo o preparado utilizado:

Marihuana:
obtida da trituración de flores, follas e talos secos, posúe unha concentración de THC entre o 1-5%
Haxix:
elaborado a partir da resina almacenada nas flores da planta femia, ten unha concentración de THC entre o 15-50%
Aceite de haxix:
resina de haxix disolta e concentrada, cunha concentración de THC entre o 25-50%

Ao consumirse fumado, os seus efectos pódense sentir case inmediatamente e duran entre dúas e tres horas.

Por vía oral a absorción é máis lenta e os seus efectos aparecen entre a media hora e as dúas horas, podendo durar ata 6 horas.

O TCH é unha sustancia moi soluble en graxa e chega rapidamente ao cerebro, onde se acumula e do que se elimina moi lentamente.

O TCH ten unha vida media aproximada dunha semana, o que significa que unha semana despois de consumilo o organismo non conseguiu eliminar máis que o 50%. Aínda que unha persoa só consuma as fins de semana, non haberá tempo suficiente para que se elimine completamente e irase acumulando no seu cerebro, producindo varios dos seus efectos.

Efectos

O sistema cannabinoide endóxeno é un sistema propio do noso organismo que realiza funcións relacionadas co comportamento, a aprendizaxe, a gratificación, a inxesta de comida, a dor e as emocións... Cando se consome cannabis actívase este sistema endóxeno de forma externa e artificial e altéranse moitas das funcións que desenvolve. A doses pequenas o efecto é pracenteiro, mentres que a doses altas pode producir cadros de grande ansiedade.

Inmediatamente tras o consumo prodúcese o que se chama borracheira cannábica, con sequidade de boca, ollos avermellados, taquicardia, descoordinación de movementos, risa incontrolada, somnolencia, alteración da memoria, da atención e da concentración.

O sistema cannabinoide desempeña un papel fundamental na área da memoria e fai que, de forma natural, nos acordemos máis do agradable que do desagradable, axudando a eliminar aqueles recordos que produciron un impacto negativo nas nosas emocións. Cando se sobreactiva polo consumo de cannabis esquécese todo e é máis difícil lembrar calquera acontecemento ocorrido. Doutra banda, o sistema cannabinoide controla a atención e a percepción.

Tamén está implicado na regulación da actividade motora, o que explica que o consumo de cannabis produza unha diminución do nivel de actividade e maior dificultade na coordinación de movementos.

O potencial terapéutico do cannabis foi revisado amplamente en numerosas publicacións científicas. Existe evidencia científica para o seu uso terapéutico no caso das náuseas e vómitos secundarios ao tratamento con antineoplásicos, a perda de apetito en SIDA e cancro terminal e o tratamento da dor neuropática na esclerose múltiple.

Riscos

O consumo habitual provoca unha serie de danos orgánicos e psicolóxicos:

  • O feito de fumarse sen filtro, aspirando profundamente o fume, reténdoo nos pulmóns e apurándoo ata o final, favorece enfermidades coma a bronquite crónica, o enfisema pulmonar ou o cancro de pulmón. Ademais, o seu efecto broncodilatador potencia a absorción de substancias tóxicas
  • Altera o sistema cardio-circulatorio, provocando taquicardia, polo que as persoas con hipertensión ou insuficiencia cardíaca poden sufrir un empeoramento da súa sintomatoloxía
  • Existen datos que indican que podería haber un aumento da incidencia de depresións e psicoses polo consumo crónico desta substancia

O impacto psicolóxico do consumo de cannabis ten unha especial relevancia, dado que quen o utiliza principalmente é a mocidade. Provoca dificultades para estudar ao diminuír as funcións de atención, concentración, abstracción e memoria, obstaculizando, polo tanto, a aprendizaxe. Pode provocar reaccións agudas de ansiedade e, en persoas con predisposición a padecer trastornos mentais, pode provocar a aparición destes trastornos ou agravar os que xa se padecen.

Cada vez hai máis datos que demostran o efecto prexudicial do consumo de cannabis asociado á condución de vehículos, especialmente se se combina con alcol, o que fai que aumente o risco de accidentes.

O cannabis actúa sobre o sistema de gratificación e recompensa cerebral da mesma forma que o fan outras drogas, a través do estímulo da liberación de dopamina. Por iso, o consumo continuado de cannabis produce adicción. A adicción aparece en entre o 7 e o 10% das persoas que o probaron e en 1 de cada 3 dos que o consomen habitualmente.

Síntomas de abuso ou dependencia de cannabis

  • Abandono do grupo de amigos non consumidores
  • Desinterese por actividades que non teñan relación co consumo
  • Preocupación por dispoñer de cannabis
  • Uso compulsivo do cannabis
  • Problemas de rendemento escolar ou laboral
  • Irritabilidad, agresividade, inquietude, diminución do apetito e dificultades para durmir, que ceden ao consumir cannabis
  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?