Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña sen drogas

Que é?

Prescrito e utilizado adecuadamente, un psicofármaco permite atenuar ou eliminar diversas formas de sufrimento psíquico: ansiedade, depresión, enfermidade maníacodepresiva, tratornos delirantes... Un psicofármaco debe ser prescrito por un médico.

Un gran número de persoas utilizan, con ou sen prescrición, medicamentos para afrontar os trastornos provocados polas súas dificultades cotiás.

Do mesmo xeito que no caso do alcol ou do tabaco, un consumo excesivo de psicofármacos por parte do pai/nai pode influír negativamente sobre os consumos dos/as fillos/as.

Os efectos dos psicofármacos varían segundo a súa composición química, as doses administadas e a sensibilidade individual do paciente.

Asociar este tipo de medicamentos a outras substancias psicoactivas leva importantes riscos, sobre todo porque os efectos de certas interaccións non son totalmente coñecidos. A mestura con alcol, por exemplo, potencia ou anula os efectos de cada unha das substancias absorbidas.

Efectos

Os efectos dun psicofármaco difiren segundo a categoría á que pertencen:

  • Tranquilizantes ou ansiolíticos: diminúen a angustia e as manifestacións de ansiedade (insomnio, tensión muscular...)
  • Somníferos ou hipnóticos: destinados a provocar e/ou manter o sono; poden diminuír o estado de alerta mentres se está esperto.
  • Neurolépticos ou antipsicóticos: son fármacos usados en psiquiatría, sobre todo para o tratamento das psicoses. Non teñen risco de dependencia.
  • Antidepresivos: indicados no tratamento das depresións, cuxos síntomas son: diminución acentuada do interese ou do pracer de vivir, trastornos do sono, axitación ou apatía, sensación de fatiga ou perda de enerxía inexplicables, sentimento de desvalorización ou de culpabilidade excesiva, diminución da aptitude para pensar e de concentrarse. Poden ocasionar efectos indesexables, como perda da vixilancia, somnolencia, excitación... Non producen dependencia física.

As benzodiacepinas, ansiolíticos ou hipnóticos son psicofármacos prescritos para calmar as manifestacións de angustia ou ansiedade, polas súas calidades sedantes e para facilitar a relaxación muscular.

Poden ocasionar perda da memoria respecto dos feitos recentes, diminución do estado de alerta, somnolencia, diminución dos reflexos...

Riscos

As benzodiacepinas poden xerar dependencia física e psíquica, favorecidas pola duración do tratamento, a dose administrada, os antecedentes doutras dependencias e a asociación co alcol (aumenta o seu efecto sedante). A dependencia física e psíquica tradúcese, cando se interrompe bruscamente o tratamento, nun fenómeno de privación, sendo os principais síntomas de abstinencia o insomnio, as dores musculares, a ansiedade, a irritabilidad e a axitación. A retirada progresiva do fármaco evita estes trastornos.

Aínda que algúns fármacos psicoactivos non xeran dependencia física, se poden producir dependencia psíquica, dependendo de cada individuo e cada sustancia. Cando se altera ou aumenta o consumo dun psicofármaco á marxe da prescrición médica, pode aparecer unha situación de dependencia psicofarmacolóxica. Aquí inclúense: psicotrópicos, opiáceos, barbitúricos, anfetaminas, benzodiacepinas.

Existen tres tipos de dependencia psicofarmacolóxica:

  1. Dependencia psicofarmacolóxica: concirne a todo tipo de fármacos, sendo frecuentes as asociacións de distintos medicamentos. Esta práctica de consumo asimílase á dependencia, xa que a vida do usuario céntrase no seu consumo. Alternancia entre momentos de consumo controlado e momentos de consumo excesivo.
  2. Dependencia psicofarmacolóxica entre drogodependentes: os psicofármacos achegan sensacións novas ou modulan os efectos sedantes ou excitantes das sustancias psicoactivas consumidas por outros motivos.
  3. Dependencia psicofarmacolóxica descoñecida: os fármacos tómanse xeralmente tras unha prescrición médica e, se se manteñen as dificultades ou aparecen novos síntomas, pódese instalar unha escalada medicamentosa. Nesta conduta é difícil distinguir a dependencia física e/ou psíquica, do medo ao síntoma e do desexo do medicamento.
  • Logo Concello da Coruña
  • Logo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?