Concello da Coruña

Concello da Coruña

41 edición Día Internacional dos Museos

Este ano celébrase a 41 edición do Día Internacional dos Museos, dedicada ao tema Museos Hiperconectados.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/05/2018 ata o 25/05/2018

Xa rematou

PROGRAMACIÓN PARA O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Este ano celebrase a 41ª edición do Día Internacional dos Museos que está dedicada ao tema Museos hiperconectados: novos enfoques, novos públicos, recoñecendo as conexións que os museos establecen coa comunidade, a súa paisaxe cultural e a súa contorna natural. As novas tecnoloxías permítenlles aos museos chegar máis aló do seu público habitual a través de algo tan sinxelo como é un hashtag, presentando as súas coleccións dunha forma diferente e totalmente innovadora, atraendo novas audiencias e superando as limitacións de espazo e tempo.

Durante esta xornada os museos que participan deste evento, teñen o acceso de balde e realízanse visitas guiadas, obradoiros e actividades organizadas ao longo dos días 18 e 19 de maio. Nesta data os museos e os seus profesionais teñen a oportunidade de achegarse ao público e á sociedade.

CASAS MUSEO

19 de maio

1. Photocall hiperconectado nas contornas das Casas Museo.

Nas prazas próximas ás tres Casas Museo (Campo da Leña, praza das Bárbaras e praza de Pontevedra) instalaremos un photocall temático sobre cada unha das casas e figuras de referencia: Picasso, María Pita e Casares Quiroga. A actividade consistirá no seguinte: un/unha monitor/a animará as e os viandantes a facerse unha foto temática nos diferentes photocalls.

Horario: 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h

2. Visitas express

Trátase de visitas de 15 minutos de duración e que se realizarán de maneira interrompida na Casa Picasso, Casa Casares Quiroga e Casa María Pita. 

Horario: 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h

3. Impro-Art na Casa Museo Casares Quiroga

Espectáculo de improvisación teatral da compañía Cousas Veredes centrado nas Casas Museo e as novas tecnoloxías como contido principal.

Horario: 20:00 h

MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO CASTELO DE SANTO ANTÓN   

19 de maio

Xornada de portas abertas de 10:00 a 00:00 h

1. Visitas guiadas

Percorrido guiado polo Castelo de Santo Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.

Horario: 12:00, 18:00 e 22:00 h. Duración aprox.: 1,25 h. Público: adulto. Prazas: 30. O grupo reunirase na entrada do museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar a capacidade.

2. Obradoiros infantís de arqueoloxía

  Obradoiro de arqueoloxía en familia: "Instrumentos musicais na prehistoria"

As nenas e os nenos entrarán en contacto cos modos de vida da prehistoria, para logo coñecer e experimentar con diferentes instrumentos musicais deste período e elaborar o seu propio instrumento.

Horario: 11:30 h. Duración aprox.: 2 h. Público: de 5 a 12 anos. Prazas: 30

Inscrición previa no Museo Arqueolóxico, a partir do martes 15, ata completar a capacidade: 981 189 850

3. Actividades programa NOCTURNIA no Museo Arqueolóxico:

3.1. Obradoiro: Oleiros do pasado

Horario: 20:30-22:30 h

3.2. Roteiro: Cidade e historia: un castelo con historia

Horario: 21:00-23:00 h

Ver Condicións do programa Nocturnia

 MUSEO DE ARTE SACRA

18 de maio

Visitas guiadas de balde do Museo e da Colexiata Santa María do Campo dunha hora de duración. 

Horario: 10.00, 11:00, 12:00, 13.00, 17:00 e 18.00 h. Reseva previa: 981 203 186 en horario de 9:00 a 14.00 h de martes a vernes e os sábados de 10:00 a 13:00 h

19 de maio

Visitas guiadas de balde do Museo e da Colexiata Santa María do Campo dunha hora de duración

Horario: 10:00, 11:00 e 12:00 h

Reserva previa: 981 203 186 en horario de 9:00 a 14.00 h de martes a vernes e os sábados de 10:00 a 13:00 h

MUSEO DE BELAS ARTES

18 de maio

1. Visitas guiadas

Xornada de portas abertas e visita guiada á colección permanente do Museo de Belas Artes

Horario: 18:30 h. Entrada libre 

 2.- Espectáculo audiovisual

"Temor a contratempo". Artistas: Zayrus Selector / live music vox. - Javi Alvedro / visuals. Espectáculo audiovisual onde os sons experimentais e electrónicos dos produtores musicais comunicarán coas imaxes proxectadas por artistas visuais creando unha fusión intensa entre imaxes animadas e sons industriais.

Horario: 20:30 h. Entrada libre ata completar a capacidade

19 de maio

1. Visitas guiadas

Xornada de portas abertas e visitas guiadas á colección permanente do Museo de Belas Artes.

Horario: 12:30, 19:00 e 22:00 h. Entrada libre ata completar a capacidade

 2. Obradoiros en familia

Horario: 18:00 a 19:00 h e de 19:30 a 20:30 h. Inscrición previa: 881 881 700 ou en mu.belas.artes.difusión@xunta.es

3. Verbena final "10 anos de grandes hits"

A Aula de Danza Normal da UDC celebra o seu 10º aniversario facendo unha revisión das trece pezas feitas ata o momento. Dirección: Rut Balbis. Bailan:Verónica Moar, Fernando Bruna, Eva Fórneas, Zeltia Martínez, Elías Álvarez e Elena Sánchez.

Horario: 21:00 h. Entrada libre ata completar a capacidade 

MUSEO  HISTÓRICO MILITAR

18 e 19 de maio

1. Exposición permanente

Máis de 1.800 obxectos dos séculos XVIII, XIX e XX, pintura, escultura, talla, cerámica, armamento, indumentaria, bandeiras...

2. Exposición temporal

"O Servizo Militar Obrigatorio" a historia da mili, inclúe un monográfico "O rancho da tropa".

Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 h. Entrada de balde

MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA (MUNCYT) 

Exposición virtual e a interacción coas persoas visitantes nas sedes da Coruña e Alcobendas do 17 ao 27 de maio.

A partir dunha preselección de 20 pezas da colección da sede do museo na que se atopen as persoas participantes, o MUNCYT facilitará a colaboración de voluntariado que actuará de comisariado da exposición para coñecer a súa opinión sobre que é o máis valorado da  colección. Coa información obtida, farase unha visita virtual interactiva dos espazos expositivos destas dúas sedes do MUNCYT.

As persoas visitantes recibirán o seu kit de explorador no que se lles darán as instrucións precisas e un mapa para que poidan orientarse. Poden participar:

Por libre. Durante o horario de apertura

Curtocircuítos MUNCYT.  Horario: sábados, ás 11:30, 15:30 e 17:30 h; domingos e festivos, ás 11:30 h están abertas ao público xeral ata completar a capacidade. O sábado 19, as 12:30 h a visita guiada terá unha persoa intérprete da lingua de signos (require reserva).

Visitas guiadas para grupos. Para os que veñan co seu propio grupo de polo menos 10 persoas calquera outro día e participar na actividade, poden facer a súa reserva en liña.

Contacto para as actividades con reserva previa: reservascor@muncyt.es

TORRE DE HÉRCULES

18 de maio

Xornada de portas abertas, de 10.00 a 18:00 h, última entrada ás 17:30 h

19 de maio

Obradoiro de autómatas pintores. Público de 6 a 10 anos. Actividade de balde. Prazas 15. Inscrición en torredehercules@coruna.es

KIOSCO ALFONSO

19 de maio

1. Exposición

"Galicia, meu estudio", de José Caruncho. É un dos fotógrafos galegos de maior prestixio. Toda unha vida dedicada á fotografía, investigando especialmente sobre grandes formatos de negativo o que redunda nunhas ampliacións de excepcional calidade.

Horario: 12:00 a 14.00 e 18:00 a 22:00 h

SALA DE EXPOSICIÓNS SALVADOR DE MADARIAGA

19 de maio

1. Exposición

"Ilustrando Galicia". Entre os 23 ilustradores e ilustradoras presentes na exposición atopamos artistas cunha ampla traxectoria recoñecidos dentro e fóra da nosa comunidade. E, xunto a eles, unha nova promoción de homes e mulleres que inician agora a súa andaina como ilustradores.

Horario: 12:00 a 14.00 e 18:00 a 21:00 h

SALA DE EXPOSICIÓNS DO PALACIO MUNICIPAL

19 de maio

1. Exposición

"Maio do 68". Conmemora o 50 aniversario do coñecido como maio francés. A exposición, con carteis realizados polo alumnado a Escola de Belas Artes de París nese maio do 68, pretende achegarnos ao ambiente do momento.

Horario: 12:00 a 14.00 e 18:00 a 21:00 h

GALERÍA VILASECO 

19 de maio

1. Exposición "Esgazados de Formabesta"

2. Obradoiro infantil "O espreso de Londres, París, Nova York, A Coruña", un tren imaxinario percorrerá e unirá diferentes cidades no tempo e no espazo. Os/as pequenos/as realizarán actividades coas que comprenderán fácilmente o significado das distintas correntes artísticas do mundo contemporáneo dende o século XIX.

Horario: 18:00 a 20:30 h. Público de 5 a 12 anos. Inscrición previa en info@vilaseco.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión