Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2019

A Coruña repite como escenario do Campionato de España de Tríatlon, que terá lugar o 28 e 29 de setembro

O concelleiro José Manuel Sande resalta a potencialidade e preparación da cidade para acoller probas deportivas de alto nivel

A cidade da Coruña volverá ser sede do Campionato de España de Tríatlon, que se celebrará a última fin de semana do mes de setembro. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a cita deportiva, "que supón o regreso á cidade dunha competición, que tivemos o pasado ano e que referenda a disposición da cidade para acoller competicións deportivas de primeiro nivel e toda a actividade que se xera ao longo do ano no ámbito deportivo, co efecto turístico e económico que comporta". Neste sentido, o edil remarcou "a boa promoción, unha das mellores posibles" que supuxo a celebración da proba no pasado ano debido a difusión da competición a través da televisión "e que reflectiron que A Coruña é unha cidade fermosa e preparada para acoller este tipo de eventos". "Vivimos na cidade un momento de absoluta relevancia na celebración de probas deportivas, tanto as que veñen de fóra buscando un espazo adecuado como as que suceden na cidade, especialmente no referido ao atletismo, coas carreiras de 10, 21 e 42, o circuíto de probas populares e outras probas arraigadas no calendario que dan a impresión dunha cidade na que o deporte ocupa un papel capital", remarcou.

As probas comezarán o sábado 28 coas categorías elite e paratríatlon, mentres que o domingo 29 terán lugar as carreiras dos grupos de idade. Na presentación participaron tamén o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlon moderno, Gonzalo Triunfo, que salientou a implicación do Concello e o "esforzo enorme que está a realizar para organizar unha proba que ten moitas dificultades técnicas", e o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, que agradeceu as facilidades do Concello para a realización da competición, para a que agardan unha participación máis alta que no pasado ano. "De aquí van a salir 15 de las 30 plazas de la Final Pro Tour española, en la que podrán medir fuerzas con las estrellas españolas del panorama internacional, además de los campeones de España de todas las categorías", afirmou. Como novidade na competición, que se retransmitirá en directo por televisión, este ano tamén se disputará unha proba infantil do programa TriDiver da federación.

As inscricións para o Campeonato de España de Tríatlon están xa abertas e poden realizarse ata o 15 de setembro.   

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión