Concello da Coruña

Concello da Coruña

A culpa é do sistema

Todo vai a pique na sociedade actual. Ou polo menos, iso parece.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/05/2018

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Duración:

1 h 40 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

12.00 euros

(venda anticipada até o día anterior ás 23.59 h, 10.00 euos)

Protestar non vale, as eleccións tampouco, e a verdade é que isto ten mal amaño. Pero hai dous cerebros privilexiados que teñen a clave. ¿Para solucionar todo o problema? Non, oh. Iso é imposible. Pero para non calar a boca e sacudirlle (en sentido figurado) aos responsables desta desfeita, si. Federico Pérez e Pepo Suevos fan un analítico percorrido por algún dos sectores máis golpeados pola ineficacia do sistema actual. Educación, sanidade ou cultura, sen esquecer a corrupción ou o problema das pensións, serán analizados con retranca, ollo crítico, e sobre todo humor. Moito humor. De todo tipo: verde, negro, branco,... E ademáis utilizando un formato novo, orixinal e áxil, que alterna a ficción coa realidade, e no que a participación do público vai ser fundamental. Os dous cómicos presentan un espectáculo que variará durante o transcurso do mesmo en función das propostas dos ocupantes das butacas, e que será polo tanto diferente en cada representación. A rapidez mental, os recursos escénicos, a bis cómica dos actores e a complicidade do público farán deste espectáculo unha experiencia imposible de esquecer para tódolos asistentes ao mesmo.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Centro Ágora: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) o web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión