Concello da Coruña

Concello da Coruña

A historia do pop explicada aos nenos e nenas. Encontro para rapazas e rapaces de 8 a 12 anos con pais e nais

Novo encontro na Biblioteca Os Rosales para pais, nais, fillas e fillos. Tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

14/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 07/11/2019 ata o 14/11/2019

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Número de prazas:

12

Contacto:

A música pop é, en esencia, diversión pura para gozar sen prexuizos. Dúas cualidades, a lúdica e a liberdade, que caracterizan tamén á infancia. A mirada dun neno é a ideal para recorrer a historia da música e eso mesmo é o que fai o periodista Javier Becerra.

Ofreceranos unha charla con imaxes e vídeos de momentos clave da historia da música pop en tono divulgativo e adaptado ós nenos. Reflectirá a evolución da música popular dende o nacemento do rock and roll ata os nosos días. Haberá quen descubra o pop e quen, en cambio, o lembre.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan inscrición. Imprescindible asistencia mínimo cunha persoa adulta.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión