Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2017

A VI Maratón Atlántica mantén aberto ata este domingo o prazo extraordinario de inscrición

A proba mantén o seu carácter accesible, coa participación de deportistas en cadeira de rodas, e contempla bonificacións na inscrición para persoas desempregadas e outros colectivos

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento mantén ata este domingo, día 16, aberto o prazo extraordinario para participar na carreira Coruña42, coñecida como Maratón Atlántica, que celebrará o vindeiro domingo 23 a súa sexta edición baixo o lema 'A cidade é vosa'. A inscrición pode realizarse, ata as 23.59 horas dese día, a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. A proba, que se desenvolve polo casco urbano cun trazado de 42.195 metros homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos,  Individual e de Clubs, que forma parte do calendario estatal da Real Federación Española de Atletismo.

O trazado da Maratón Atlántica, que terá a súa saída ás 08.30 horas no Cantón Grande, percorre o litoral da enseada do Orzán, desde o Aquarium Finisterrae ata o Estadio Municipal de Riazor, para dirixirse cara á zona do porto coruñés, onde as e os atletas correrán á beira do mar entre Oza e Ambrosio Feijóo, para volver aos Cantóns. O circuíto confórmase de tres voltas a este trazado, de 14.000 metros cada unha. Unha vez finalizadas, a cola de meta pasará por Ambrosio Feijóo, avenida da Mariña, avenida de Montoto, Porta Real e María Barbeito, ata chegar á meta, situada na praza de María Pita. O peche da carreira será ás 14.00 horas e, este ano, ademais, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo medio maratón, na rúa Juana de Vega. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, así como á distancia total, as persoas participantes que sigan en carreira deberán retirarse do circuíto oficial de competición.

Na cita deportiva Coruña42 poderán participar todas aquelas persoas maiores de 20 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e ata sete modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento --desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante--, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1997 e anteriores. Haberá recoñecementos en metálico --non acumulables-- para as primeiras clasificadas, así como para os primeiros atletas galegos e coruñeses, e trofeos para quen se sitúe no podio de cada categoría. A organización, ademais, outorgará un premio especial de 1.000 euros --acumulable-- a aquelas persoas que superen o récord da proba, sendo este de 2:12:21 na categoría absoluta masculina, e 2:40:23 na feminina. A cerimonia de entrega de premios realizarase ás 14.00 horas, ao peche da carreira.

Ao igual que aconteceu na edición pasada, o maratón manterá o seu carácter accesible, abrindo a participación a deportistas en cadeira de rodas que cumpran as normas del IPC Athletics. Ademais, existe unha bonificación do 50% á hora de formalizar a solicitude de participación para o colectivo de persoas desempregadas, posuidoras de Carné Xove ou maiores de 65 años.

Proba de 10 km

O Maratón Atlántica compartirá un dos seus tramos, como vén sendo habitual, cunha proba popular de 10 km. Na carreira de 10.000 metros, que terá a súa saída ás 08.45 horas do Cantón Grande, poderán participar persoas maiores de 18 anos, e estableceranse as seguintes categorías: Júnior (1998-1999), Promesa (1995, 1996 e 1997), Sénior (desde 19994) e até catro modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento --desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante--, ademais da categoría de atletas en cadeira de rodas, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1999 e anteriores.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión