Concello da Coruña

Concello da Coruña

África II

Obra do multidisciplinar artista Daniel Sueiras

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/12/2016 ata o 17/02/2017

Xa rematou

Horario:

Inauguración: xoves, 15 de decembro, ás 20.00 horas

A partir do 16 de decembro:

L/V de 10.00 h. a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h

S de 12.00 h a 14.00 h

 

Enderezo:

Moret Art. Rúa Uruguay 1, Bj. 15004 A Coruña

Nesta mostra apréciase a evolución de Sueiras na serie "África", presentando un conxunto de obras nas que a pintura vai ligada ao concepto global de ventá cunhas imaxes que rezuman ironía, tenrura e cotidianeidade, e cuxos protagonistas son personaxes que dirixen a súa mirada sempre cara ao espectador.

Nesta serie o artista propón un retrato global sobre a nosa especie, mostrando o ser humano en situacións e ambientes cotiáns de maneiras que normalmente non se adoita ver retratado co fin de facernos sentir como unha especie animal máis, que do mesmo xeito que o resto vive no seu hábitat... o noso, co paso do tempo, pasou a ser o das cidades.

Mediante a representación dos lugares onde vivimos, dun modo austero e cunha mirada que vai no sentido contrario no que a adoitamos dirixir, posto que agora non miramos a través do cristal senón que nos atopamos a nós mesmos tras el, o autor pretende que nos recoñezamos a nós mesmos como unha especie animal máis que simplemente vive baixo un decorado diferente, como poderían selo formigas nun formigueiro ou abellas nun panal.

Nas obras desta mostra, Sueiras sorprende pola súa madurez técnica, chegando mesmo a conquistar a terceira dimensión nun espectacular edificio, cunha impresionante riqueza de medios técnicos, pois como el mesmo afirma: "tecnicamente usou de todo nas pezas, desde madeira, metacrilato, metal, xeso dental ata, por suposto, pintura". O artista gaditano non entende de xéneros como compartimentos estancos e fusiona dun modo único e sorprendente a pintura, a escultura e a arquitectura, establecendo un diálogo fluído cargado de detalles e matices.

Daniel Sueiras (Alacante, 1976) comezou a súa andaina profesional en Estados Unidos e conta cunha sólida traxectoria da que cabe sinalar certos premios como, a mención de honra no Certame de Pintura Antonio López García ou o primeiro premio no Certame Nacional de Pintura da Universidade de Sevilla. Realizou exposicións individuais e colectivas en espazos destacados de Estados Unidos, Finlandia, Alemaña e España, e a súa obra está presente nas máis destacadas coleccións estatais e internacionais, así como nos máis prestixiosos centros de arte contemporánea.

Inauguración: xoves, 15 de decembro, ás 20.00 horas

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión