Concello da Coruña

Concello da Coruña

Albert Pla

O artista catalán presenta "Miedo"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/02/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'00, 15'00, 13'00, 9'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Albert Pla proponnos nesta ocasión unha viaxe íntima e moi persoal, desde a infancia ata máis aló da sepultura, polas sensacións, as emocións e os sentimentos que nos produce esa pantasma que vive na nosa mente.

"Canta, canta, non deixes de cantar. Se deixas de cantar morrerás".

No escenario, faise un repaso, en ton irónico, dos medos de sempre, os temores habituais, o medo a un mesmo, as pantasmas que nos asedian, o terror á morte... Unha tras outra vanse debullando as cancións como unha maneira de espantar ou enfrontar os propios medos. E finalmente, a catarse da risa, a liberación.

"Desde que sei que estou. Xa nunca me poño enfermo."

Teatro musical, concerto ou recital teatralizado. Neste novo proxecto abundamos na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

Unha produción do Complejo Teatral de Buenos Aires.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-concerto-albert-pla-medo-teatro-rosalia-castro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión