Concello da Coruña

Concello da Coruña

All Gobernaments-lie (Todos os gobernos menten)

Nos anos 60, a columna semanal do xornalista norteamericano I.F. Stone marcou unha época cando desenmascarou a corrupción e as mentiras do Goberno cunha información veraz, contrastada e independente

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/06/2017

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 euros (carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

Televenda:

Ticketea

Nos tempos actuais, onde a maioría dos medios de comunicación forman parte de grandes imperios mediáticos sometidos aos intereses do Goberno e as grandes corporacións, a reivindicación da figura de I.F. Stone é máis necesaria ca nunca.

Os protagonistas da película, unha nova onda de xornalistas de investigación de medios independentes dos Estados Unidos, recuperan o seu legado e dan a cara para defender o dereito da cidadanía para acceder a unha información libre de interferencias, contrastada e honesta.

"Todos os gobernos menten" pon cara e dá voz aos nomes que hai detrás de temas tan espiñentos como o caso Snowden, as fosas comúns na fronteira con México ou a violación do dereito á intimidade da cidadanía.

Glenn Greenwald, Jeremy Scahill, Amy Goodman e Michael Moore, entre outros, ofrecen o seu testemuño nun documental producido por Oliver Stone.

Canadá (2016) 90 minutos

VO en inglés subtitulada en castelán

O director

Fred Peabody é director e xornalista, gañador dun premio Emmy en 1989 por unha das súas películas para televisión. Durante sete anos foi director do aclamado programa de investigación The Fifth Estate para a CBC, a televisión pública canadense.

En 2003 produciu o documental Perfect Illusions sobre os trastornos alimenticios entre a mocidade e que emitiu a PBS.

Premios e festivais

DocsBarcelona - España, 2017.

Best of Fests, IDFA - Países Baixos, 2016.

Sección Oficial, TIFF-Toronto International Film Festival - Canadá, 2016.

Ficha técnica

Dirección: Fred Peabody

Produción: Peter Raymont, Andrew Munger e Steve Ord

Producción executiva: Jeff Cohen e  Oliver Stone

Edición: Jim Munro e James Yates

Fotografía: John Westheuser

Son: Sanjay Mehta, Peter Sawade e Jason Milligan

Música: Mark Korven

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión