Concello da Coruña

Concello da Coruña

AnimAcción 2019

Que? Quen? e Con quen? Animacción é un festival internacional de curtametraxes de animación que se desenvolve na Coruña desde o ano 2017, froito do traballo da Asociación Sen Ánimo de Nome en colaboración coas colectivo Ánimas Anónimas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/12/2019 ata o 14/12/2019

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome

Contacto:

981 184 293

A idea nace coa intención de ser unha mostra das innumerables posibilidades de expresión artística que nos ofrece o xénero de animación.

Nel, autoras e autores de todo o planeta presentan as súas obras máis recentes para ser valoradas polas persoas asistentes ás proxeccións, que outorgarán coas súas votacións o premio do público dotado con 200 €.

Neste ano 2019 toma as rendas do festival o colectivo de animadores Ánimas Anónimas coa dirección do evento a cargo de Eva Bello Alonso.

Presentáronse 112 traballos dos que se fixo unha selección que conforma unha sesión de 90 minutos para as persoas asistentes/membros do xurado. As obras presentadas chegaron de países como España, Portugal, Arxentina, México, Francia, Bélxica, China, Brasil, Taiwan, Rusia, Colombia, Irán, Alemaña, Países Baixos e Indonesia.

Colaboran con Animacción Gadisa, os concellos da Coruña e Carballo, o Centro Galego de Artes da Imaxe, a Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, a Escola Superior de Arte Pablo Picasso e a de Imaxe e Son (EIS), ambas da Coruña, ademais da cafetería Monty Ambigú. O cartel de Animacción foi realizado polo artista de Lugo, David Fidalgo Omil, autor preseleccionado para os Premios Goya 2020 coa súa curtametraxe de animación 2D Homomaquia.

- Cando?

O festival desenvólvese os días 12, 13 e 14 de decembro. O día 12 de decembro, ás 12:00 h, proxección na ESAD Pablo Picasso da Coruña; ás 20:00 h, proxección no Fórum Metropolitano.

O día 13 de decembro, ás 11:00 e ás 13:00 h na Escola de Imaxe e Son da Coruña; ás 16:00 h, proxección na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña; ás 18:30 h, proxección na Biblioteca Pública Rego da Balsa de Carballo.

Finalmente, o día 14 de decembro ás 12:00 h, xuntanza de Ánimas Anónimas con Eligio Rodríguez Montero, guinista da longametraxe Buñuel en el laberinto de las tortugas (Monty Ambigú); ás 16:30 h, charla con Crea entrevistando a Zafre, responsable de INK & amp; PAINT nas longametraxes KLAUS e Buñuel en el laberinto de las tortugas (FNAC); ás 18:00 h, proxección no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

A selección a concurso está formada polas seguintes curtas:

PURPLEBOY. Alexandre Siqueira. Portugal. 13 min.

AILIN EN LA LUNA. Claudia Ruiz. Arxentina. 5 min.

THUMBELINA & amp; THE OGRE/PULGARCITA. Cécile Robineau. Francia. 7min.

● LA DOCTRINA DE LAS PELOTAS ASESINAS. Ales Payá. España. 4 min.

A DOUBLE LIFE Studio Job, Joris & Marieke. Países Baixos. 2 min.

HOMOMAQUIA. David Fidalgo Omil. España. 10 min.

EMPTY SPACES. Grégoire de Bernouis. Francia. 2 min.

MUEDRA. Cesar Díaz Meléndez. España. 9 min.

MONSTERS WALKING. Diego Porral Soldevilla. España. 1 min.

WE SOUNDS David Carrizales & amp; Álvaro Bernis. España. 3 min.

VIA CRUXIS Ignasi López. España. 11 min.

HÉROES. Juan Pablo Zaramella. Arxentina. 3 min.

● LA NOCHE. Martín Romeu. España. 11 min.

O 28. Otalia Caussé, Geoffroy Collin, Louise Grardel, Antoine Marchand, Robin Merle, Fabien Meyran. Francia. 5 min.

PTSD. Claudia Cortés, Lora & D #39; addazio e Mathilde Remy. Bélxica. 8 min.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión