Concello da Coruña

Concello da Coruña

AnimAcción

II Edición Festival Curtametraxes Animación

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/02/2018

Xa rematou

Horario:

1ª proxección ás 16.00 h

2ª proxección ás 19.45 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada con invitación

CONSIGUE AQUÍ A TÚA ENTRADA!

Organiza:

Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome

Contacto:

Tel.: 981 184 293

O AnimAcción é un Festival de Curtametraxes de Animación no que se mostra o potencial artístico de toda unha nova xeración de animadores.

Volve na súa segunda edición e a súa entidade organizadora é a "Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome".

A animación é unha disciplina artística que ofrece un potencial ilimitado nas mans dos artistas que queren utilizala, un potencial creativo e imaxinativo. De aí nacen as nosas ganas de lle ofrecer ao público un espectáculo divertido coa intención de aumentar a oferta cultural da cidade da Coruña e da súa comarca. As curtametraxes seleccionadas serán proxectadas o día 22 de febreiro na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano (A Coruña) e o público presente ao acto proclamará a obra gañadora co seu voto. O día da proxección será a ocasión para crear unha ponte entre a animación vídeo e a animación pintada e debuxada. Entre a primeira e segunda sesión de proxección faremos unha pausa onde vos convidamos a gozar da expo de ilustración "Graphic Jam" organizada por "Miñoco - Colectivo de Ilustradores" e onde aproveitaremos para charlar sobre o mundo da animación."

NON ESQUEZAS

18.30 h - clausura da expo Graphic Jam de Miñoco Colectivo de Ilustradores (sala expositiva Plataforma14).

Entre a primeira e segunda sesión de proxección faremos unha pausa onde vos convidamos a gozar da expo de ilustración Mostra colectiva Graphic JAM organizada por "Miñoco - Colectivo de Ilustradores" na sala expositiva Plataforma14 onde aproveitaremos para tomar un petisco e charlar sobre o mundo da animación."

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión