Concello da Coruña

Concello da Coruña

Apertura da inscrición previa para «Durmindo con tiburóns»

A sesións infantís serán o 21, 22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2020. Haberá unha sesión para maiores de 25 anos o 27 de decembro.

A quen vai dirixido?:

Sesións para nenos e nenas de 7 a 11 anos

Unha sesión para persoas adultas maiores de 25 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Inscrición previa o 25 de novembro para as sesións infantís neste formulario.

Inscrición previa o 25 de novembro para a sesión de maiores de 25 anos neste formulario.

Horario:

- Sesións infantís: desde as 20.00 horas ás 11.00 do día seguinte

- Sesión para persoas adultas: desde as 21.30 horas ás 11.00 do día seguinte

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas en cada sesión

Prezo:

50 euros

Organiza:

Durante as vacacións escolares de Nadal, os nenos e as nenas de entre 7 e 11 anos teñen unha cita en "Durmindo con tiburóns". É unha actividade na que realizan diferentes talleres relacionados coa bioloxía das quenllas e finalizan durmindo rodeados de peixes na Sala Nautilus, ese lugar tan especial ambientado como se fose o submarino do capitán Nemo.

As datas de realización das sesións infantís serán: 21, 22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro de 2019 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2020, desde as 20:00 horas ás 11:00 horas do día seguinte. Para participar hai que inscribirse previamente a través deste formulario electrónico.

Sesión para maiores de 25 anos

Como novidade, este ano organízase tamén unha sesión para persoas adultas maiores de 25 anos, que terá lugar o 27 de decembro de 2019, de 21:30 horas a 11:00 horas do día seguinte. Para participar nesta sesión de persoas adultas hai que incribirse previamente neste formulario electrónico.

Só se admitirán os formularios de inscrición previa que se reciban entre as 10:00 e as 12:00 horas do 25 de novembro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión