Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ara Malikian - The incredible story of violin

A Incrible Xira de Violín de Ara Malikian está en marcha. O virtuoso violinista esgota entradas en todos os seus concertos, e é que non é para menos. A nova xira de Ara Malikian é unha demostración unha vez máis do talento inesgotable do músico libanés, que leva as cancións a límites insospeitados facéndolle gozar ao público con espectáculos únicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/10/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Apertura de portas, 20.00 h).

Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

28'00, 32'00, 36'00, 40'00 € (Segundo zona)

Televenda:

Ticketea

Ara Malikian é un exemplo de superación en moitos sentidos. Por unha banda, o seu virtuosismo co violín está fóra de toda consideración, expresando unha delicadeza e unha facilidade para facer vibrar as cordas fóra do común. Por outro, a súa difícil infancia baixo o lume da guerra no Líbano explica en gran medida a sensibilidade dun artista inusualmente mediático para o tipo de música que practica. Desde o ano 2000, vive en Madrid. O violinista de nacionalidade española pero ascendencia libanesa naceu nese país de Oriente Medio en 1968. Inculcada polo seu pai a paixón polo violín, o pequeno Ara foi perfeccionando a súa técnica como válvula de escape dos horrores bélicos. Con 14 anos, o director de orquestra alemán Hans Herbert-Jöris escoitouno casualmente e facilitoulle o seu traslado a Alemaña. En 1995, tras unha longa etapa de formación como profesional, lanzou ao mercado o seu primeiro disco, 'As catro estacións'. O recibimento foi notable e en apenas cinco anos gravou outros seis álbums.Ao longo da súa carreira, Ara Malikian participou en diferentes bandas sonoras, e foi especialmente valorado por Pedro Almodóvar. Paralelamente, grupos e artistas como Extremoduro ou Huecco tamén contaron coa súa colaboración en distintos traballos. Se queres gozar en directo das cancións de The Incredible Story of Violin, o seu novo disco, non podes perder esta nova cita co público da Coruña.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión