Concello da Coruña

Concello da Coruña

ARIETE 2013 Xornadas de recreación histórica

VII Concentración de vehículos militares e grupos de recreación histórica.

Cando:

Dende o 03/08/2013 ata o 04/08/2013

Xa rematou

Horario:

Consultar programa.

Enderezo:

Museo Histórico Militar da Coruña

A Asociación histórico-cultural The Royal Green Jackets en colaboración co Museo Militar Rexional organizan este evento de recreacións históricas.

PROGRAMA

SÁBADO 3 DE AGOSTO

11.00 horas: apertura ao público das instalacións e campamentos de Ariete 2013, na praza de Carlos I e Xardíns da Maestranza.
Apertura da Bolsa de Militaria, wargame, venda de antigüidades, uniformes, libros obxectos e miniaturas.

Concentración de vehículos militares e históricos na praza de Carlos I, fronte ao Museo Militar.

11.30 horas: explicacións e demostracións de recreación grega, romana, medieval, napoleónica e airsoft no lateral dos Xardíns da Maestranza.

12.45 horas: palabras de benvida e inauguración do coronel-director do Museo Militar, D. Fernando Mariño Acebal.

13.00 horas: acto de ofrenda e recreación, da Asociación Poland First To Fight.

13.20 horas: recreación dun combate da Segunda Guerra Mundial – a defensa de Bastogne 1944.

14.45 horas: comida dos participantes e recreadores.

17.00 horas: apertura da Bolsa de Militaria, wargame, venda de antigüidades, uniformes, libros obxectos e miniaturas.

17.00 horas: explicacións e demostracións de recreación grega, romana, medieval, napoleónica e airsoft no lateral dos Xardíns da Maestranza.

19.00 horas: saída para desfile polo centro da cidade.

19.30 horas: comezo do desfile histórico, dende o Cantón Grande ata a praza de María Pita.

20.00 horas: fin de desfile. Entrada na Coruña de Napoleón Bonaparte, carrozas e duelos de honra, a sabre e pistola antiga do período napoleónico, na praza de María Pita. Emulando a  película “Los duelistas “ e distintos combates de gregos e romanos.

20.30 horas: praza de María Pita. Recreación do “Combate e toma do Hotel Meurice, Cuartel Xeral da Wermacht de París 1944, polas tropas aliadas. Emulando a  película “Arde París”.

21.00 horas: peche ao público das instalacións ARIETE 2013 e Bolsa de Militaría no Museo Militar.

DOMINGO 4 DE AGOSTO

11.00 horas: apertura ao público das instalacións e campamentos de Ariete 2013 e da Bolsa de Militaria, wargame, venda de antigüidades, uniformes, libros obxectos e miniaturas.

11.15 horas: explicacións e demostracións de recreación Airsoft.

13.00 horas: recreación do desembarco de Normandia en 1944, no Parque do Monte de San Pedro.

14.00 horas: peche ao público das instalacións ARIETE 2013 e Bolsa de Militaría.

14.00 horas: clausura da edición ARIETE 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión