Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2019

As entidades veciñais e de cultura tradicional poden presentar dende mañá as súas propostas para as convocatorias de axudas da Concellería de Culturas

Os programas de 'Apoio a Entidades de Arraigo', que conta con 100.000 euros, e 'Facemos Comunidade', ao que se destinan 250.000 euros, buscan dinamizar e descentralizar a actividade cultural da cidade

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre mañá o prazo para a presentación de solicitudes a dous dos programas de dinamización cultural que, en réxime de concorrencia competitiva, impulsa o Goberno local. Trátase do Plan de Apoio a Entidades de Arraigo, que está dirixido a entidades vinculadas coa cultura tradicional, e o programa Facemos Comunidade, ao que poden concorrer as asociacións veciñais da cidade para a organización de proxectos culturais e festivos nos barrios da cidade.

O departamento destina para a convocatoria do plan de arraigo unha contía global de 100.000 euros, cun máximo de 8.000 euros a recibir por cada unha das entidades polas actividades e actuacións abertas á cidadanía que se realicen ao longo do ano. O prazo de solicitude para a convocatoria para entidades de arraigo comeza o día 2 de abril e está aberto ata o día 17 do mesmo mes. A convocatoria busca dar cobertura ás entidades de arraigo da cidade para que poidan continuar co traballo de investigación, difusión e dinamización da programación cultural de cidade. Poderán presentar proxectos aquelas entidades musicais asociativas e sen ánimo de lucro constituídas legalmente e radicadas na cidade. Os criterios de valoración das propostas terán en conta diversos factores como a vinculación da entidade ao ámbito da música, do baile e da cultura tradicional galega, o número de persoas integrantes, a súa antigüidade no rexistro municipal de asociación, o número de actividades realizados ou a traxectoria da entidade, entre outras.

O programa Facemos Comunidade, pola súa banda, conta con 250.000 euros para facilitar ás entidades veciñais a posta en marcha de eventos festivos que revistan un beneficio para o desenvolvemento comunitario nos barrios. A contía máxima que o executivo coruñés achegará a cada proxecto, que se elixirán tamén en réxime de concorrencia competitiva, será de 10.000 euros. Poderán presentar as súas iniciativas aquelas asociacións veciñais locais que se atopen legalmente constituídas e rexistradas no REMAC (Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña). As propostas que se presenten á convocatoria deberán ser abertas e de carácter gratuíto para toda a cidadanía, e deberán fomentar o galego así como o uso non sexista da linguaxe e da imaxe, ademais de incluír medidas en relación á sensibilización e coidado do medio ambiente.

No caso das dúas convocatorias, o prazo de resolución das solicitudes será de dúas semanas a partir da finalización do período de presentación de ideas ou proxectos. De cara a garantir a absoluta imparcialidade coa valoración dos mesmos, os proxectos serán avaliados por unha mesa técnica na que estea o concelleiro de Culturas ou a persoa en quen delegue (que non disporá de voto), ademais de persoal municipal vinculado á área de Culturas que exercerá como secretario, e tres representantes do tecido asociativo cultural da cidade.

Toda a información das convocatorias pode consultarse na web www.coruna.gal/cultura

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión