Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aventura cos tiburóns

Unha actividade especial do Aquarium nas vacacións escolares de Nadal

A quen vai dirixido?:

Para público infantil a partir de 10 anos. Os nenos e as nenas participantes deben asistir cunha persoa adulta, que debe preinscribirse tamén.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/12/2019

Xa rematou

Inscricións:

Preinscrición o luns 16 de decembro a partir das 10.00 horas aquí

Horario:

As sesións serán de 10:30 a 12:00 horas os días 23, 27 e 30 de decembro e o 3 de xaneiro.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

40 prazas, 10 por sesión

Prezo:

Cada persoa participante debe aboar a entrada correspondente ao Aquarium.

O Aquarium Finisterrae propón unha nova actividade especial para estas vacacións de Nadal. Trátase de «Aventura cos tiburóns», unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das quenllas do Aquarium e na súa alimentación.

A actividade realizarase os días 23, 27 e 30 de decembro e o 3 de xaneiro, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 10 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta, que debe preinscribirse tamén.

Para participar hai que preinscribirse o luns 16 de decembro neste formulario electrónico.

Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10.00 e as 12:00 horas do 16 de decembro.

As persoas que obteñan praza deberán aboar só a entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión