Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xuño de 2018

Concello e Federación Galega de Fútbol asinan o acordo de entrega dos campos de Visma, que serán xestionados pola administración local e amplían “a oferta pública de equipamentos deportivos para a cidadanía”

A administración local xestionará as novas infraestruturas, que poderán ser empregadas pola entidade deportiva durante un mes ao ano no que poderá organizar partidos oficiais nos que non se poderá cobrar entrada

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, asinaron este martes o acordo polo cal se regula a entrega á administración local dos campos de Visma, infraestruturas construídas polo ente deportivo en base a un acordo de colaboración asinado entre ambas entidades en xullo de 2012. Tanto o rexedor como o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientaron que coa recepción dos terreos, que previsiblemente serán inaugurados o próximo día 16, "amplíase a oferta pública de equipamentos deportivos para a cidadanía".

O acordo rubricado esta mañá no Pazo de María Pita non só oficializa a entrega ao Concello das citadas instalacións, que pasarán a ser xestionadas pola administración local, senón que tamén regulan o réxime de usos das mesmas. Deste modo, os dous novos campos de fútbol serán postos a disposición da cidadanía polo Concello, se ben poderán ser usados pola Federación durante un mes ao ano. En concreto, e segundo o documento asinado hoxe, a administración local cederá a FGF a utilización destes equipamentos po un prazo de 10 de anos "e nun número de horas anuais equivalentes á doceava parte das horas totais de apertura ao longo do ano". A institución deportiva só poderá celebrar, nese período de tempo, partidos de fútbol oficiais ou ben adestramentos de seleccións federativas. Sande salientou que "para a distribución de horas terase en conta o horario habitual das instalacións que aprobe o Concello, así como os calendarios de partidos da Federación. O que trataremos, en calquera caso, será que esta circunstancia cause o menor prexuízo posible á cidadanía que fará uso destes terreos". Concello e FDG constituirán unha comisión co obxectivo de resolver a distribución das horas, tendo preferencia no reparto aquelas competicións nas que participen equipos cuxa sede social estea na cidade. "Hai algo tamén que queremos destacar e que entronca co noso obxectivo de que os campos de Visma sexan accesibles para a cidadanía. A Federación non poderá ceder a terceiros as súas horas de uso, nin tampouco cobrar entrada", engadiu Sande.

O acordo tamén plasma a renuncia da FGF a construción na cidade dunha sede institucional en terreo municipal, se ben reflicte o compromiso da FGF de "manter en todo momento aberta unha delegación territorial na cidade da Coruña".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión