Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bailaríns do mundo

Gala fin de curso da Academia de Pilates e Danza da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/06/2019

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 €

O espectáculo constará de 14 coreografías do alumnado do centro, tanto persoas adultas coma nenos/as. O que pretendemos é ensinarlles a familiares, amizades e todas aquelas persoas interesadas no mundo da danza os progresos que realizou o dito alumnado na escola durante todo o curso escolar.

O tema que escollemos este ano é a música e o baile ao longo dos continentes. Con este escenario de fondo narraremos a historia dun home que viaxa cumprindo a última vontade do seu pai. Cada país polo que pase terá a súa propia coreografía, típica deses lugares. As actuacións que se representarán serán as de ballet clásico, baile moderno e Classic Barré. Esta última disciplina é propia da nosa academia e trátase dunha fusión da danza clásica e o pilates, traballando na barra de ballet con movementos coreografiados ao ritmo da música.

Todas as coreografías que imos representar son orixinais e nosas, é dicir, creámolas entre todo o profesorado da escola.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-fin-de-curso-pilates-y-danza-bailarines-del-mundo/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión