Concello da Coruña

Concello da Coruña

BEBESCENA OUTONO 2017

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

A quen vai dirixido?:

Espectáculos para público de 1 a 3 anos.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/09/2017 ata o 17/12/2017, os domingos

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h.

SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACESO Á SALA

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6€

Menores de tres anos: 2€

Capacidade reducida

**Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada

Televenda:

Ticketea

Documentos:

Programa Bebescena Outono 2017 (313 KB)

Quen non asistise nunca a unha función de teatro para bebés adoita mostrar escepticismo, pero os que o fixeron, repiten. A emoción que destilan estas obras (cando son de calidade) tanto no escenario como no patio de butacas é de alta intensidade. Na realidade, non é entre o patio de butacas senón entre o público porque, en estrito sentido, patio de butacas non hai. As obras para estes espectadores tan precoces observan algúns requisitos e un deles é a proximidade entre escena e espectadores, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario con tatamis, coxíns, pequenos bancos... nos que os nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira dos seus pais. O segundo requisito é a duración: entre media hora e 40 minutos é o tempo que a atención dun bebé pode fixarse.

Son propostas moitas veces sen palabras que espertan sensibilidades e transmiten emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE De luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA Aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (De luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h)www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión