Concello da Coruña

Concello da Coruña

BIPOLAR FEST

Bipolar é un proxecto de fusión musical comandado por Jacobo Paz e Dos mundos no que interactúan músicos procedentes da factoría musical de Paz & Records á que se unen diferentes amigos e colegas artísticos.

Cando:

Os días 21/06/2013, 22/06/2013

Xa rematou

Horario:

20.00 a 02.00 h.

Enderezo:

Parque Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Documentos:

Axenda Sanxoaneiros 2013 (61 KB)

Case unha corentena de músicos da Coruña, a excepción do cantautor ferrolán Al Vila, os gaditanos 11007, o xienense instalado na Coruña Durgin ou os orteganos KNS e O Neno da Rúa, unidos nun proxecto insólito a nivel local, galego e estatal que combina pop, rap, rock e música de autor.

Bipolar é tamén un concepto asociado ao contido das letras dos seus temas musicais. En tempos difíciles como os que vivimos onde a tristeza, angustia ou medo poden imperar nos corazóns da xente, os músicos que conforman o proxecto Bipolar superan as dificultades presentes e constrúen un futuro de esperanza grazas á música que eles mesmos interpretan.

A comuñón musical entre estilos diferentes é perfecta, gozando dun equilibrio que a converte en transversal, tanto a idades como a culturas urbanas. O formato escollido para a súa presentación ao público, o dun festival musical de un ou varios días de duración, permite coñecer en profundidade a proposta de Bipolar e a das diferentes partes musicais – bandas ou artistas da escena local coruñesa – que a conforman.

BIPOLAR son:

JACOBO PAZ E DOS MUNDOS

SEISSENSEIS

CESAR DECENTI

AMBITO KINITOH

YUL

FORNI

ARTE EN TINTA

AL VILA

11007

KABO NORTE SQUAD

O NENO DA RÚA

JESSI

DURGIN

DEJOTA TRAPE

PABLO AÑÓN

REVOLUJOIN


Parque de Santa Margarita, 21 e 22 de xuño.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión