Concello da Coruña

Concello da Coruña

BMMC Concerto 17 de xuño

IN CRESCENDO COA BMMC CONCERTO DAS BANDAS BMMC (70 ANOS) E A BMMSC (170 ANOS) POLOS SEUS RESPECTIVOS ANIVERSARIOS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/06/2018

Xa rematou

Horario:

12:15 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

Libre até completar a capacidade

Organiza:

Banda Municipal de Música da Coruña

Documentos:

Tríptico 17 de xuño de 2018 (510 KB)

DIRECTOR TITULAR: JUANJO OCÓN

Notas ao programa:

Aniversario por partida dobre. Estamos de en hora boa por partida dobre: por unha banda celebrando que dúas das agrupacións profesionais da nosa terra estean festexando os seus respectivos aniversarios (a Banda de música municipal de Santiago de Compostela, 170 anos e a Banda de música municipal da Coruña, 70 anos) e pola outra, que un dos seus respectivos actos centrais sexan precisamente unirse nun proxecto común para amosar a calidade e vitalidade da que gozan as agrupacións de vento na nosa terra. Este proxecto supón un punto de inicio de colaboración entre as dúas formacións que permitirá amosarlle ao gran público a riqueza e vangarda do repertorio do que gozan estas formacións, ademais de ser unha aposta común pola dignificación dunhas agrupacións que máis que nunca son un instrumento social vertebrador da nosa sociedade. Unhas agrupacións do pobo e para o pobo que teñen as cadeiras dos seus concertos reservadas para toda a cidadanía.

Un aniversario é sempre motivo de ledicia e celebración, e que mellor maneira de celebrar estas datas tan sinaladas para as dúas formacións que xuntando sinerxías para ofrecer un concerto do nivel que a ocasión merece. Sen dúbida debe ser un bo punto de partida para vindeiras colaboracións conxuntas que consigan visualizar a calidade e vangarda na que se atopan as bandas de música nos nosos tempos. Os nosos parabéns ás dúas formacións, tanto á Banda de música municipal de Santiago de Compostela como á Banda de música municipal da Coruña por teren andado este camiño longo co único fin de sensibilizar a sociedade a través da música, un nobre fin que agardamos sigan desenvolvendo mil primaveras máis.

Aniversarios·Pasodobre de Simón Couceiro

Os aniversarios da Banda Municipal de Música da Coruña (70 anos) e da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela (170 anos) neste ano danlle a idea ao autor de compoñer un pasodobre de homenaxe, animado sempre por compañeiros e amigos de ambas as bandas. Será estreado conxuntamente polas dúas formacións musicais nos concertos ofrecidos no Pazo da Ópera da Coruña e posteriormente no Auditorio de Galicia.

Formalmente está estruturado con dous temas principais e o seu correspondente trío na parte central do pasodobre. Ademais, a trompeta é o instrumento que separa as introducións e que nos permite identificar cunha quasi cadenza a parte solista do instrumento.

Octava Sinfonía de Barnes

Biografía de James Barnes:

James Barnes naceu en Hobart, Oklahoma, no ano 1949 e obtivo o seu mestrado en música en 1975 pola Universidade de Kansas.

Dende 1977 é profesor desta universidade e imparte as materias de composición e orquestración. Ademais é instrumentista de tuba e director asociado de bandas de música dende hai 27 anos.

Recibiu numerosos premios polas súas composicións que case na meirande parte adoitan ser para banda. Entre outros destaca o "Premio da Asociación Americana Bandmasters Ostwald", pola súa excelente música contemporánea para conxunto de vento.

Barnes viaxou extensivamente como compositor invitado, director e profesor por Europa, Australia, Xapón... e pertence a numerosas organizacións profesionais e sociedades.

THE GREAT SPIRIT (O GAUDIR DO GENI)

SINFONÍA Nº 3 PARA BANDA SINFÓNICA DE FERRER FERRAN

  1. Gaudí

Fillo dun modesto caldeireiro, viviu unha infancia enfermiza na que padeceu frecuentes dores reumáticas, que en moitas ocasións impedíronlle realizar algo tan normal como era xogar cos outros nenos. Estas molestias físicas acompañárono o resto dos seus días. A maioría dos seus biógrafos afirman que naceu en Reus.

Gaudí foi o creador dunha nova arquitectura baseada nas liñas curvas. Experimentou estruturas e novas formas dunha maneira continuada. As súas ideas "corpóreas", en moitas ocasións, non foron sometidas á limitación que obrigan as dúas dimensións do papel de debuxo. Ás veces modificaba as formas directamente na obra, no momento de realización.

"...viu claramente que estas formas xeométricas simples de cando en cando danse na natureza, que, por outra banda, constrúe excelentes estruturas, acreditadas polos longos séculos de eficacia. A estrutura dunha árbore é dunha rara perfección, moito máis complexa e ben resolta que as estruturas creadas polos arquitectos".

"... (o) intento de Gaudí foi sinxelamente introducir un cambio de xeometría na arquitectura. Isto pode considerarse unha revolución, pero en todo caso unha revolución nada traumática, posto que a xeometría da arquitectura gaudiniana é moito máis antiga que a inventada polos arquitectos".

Ninguén podía supoñer que aquel ancián que xacía no chan, á tardiña do 7 de xuño de 1926, tras ser arroiado polo tranvía núm. 30, na intersección da Gran Vía e a rúa Bailén de Barcelona, era o famoso Antoni Gaudí.

  1. A Sagrada Familia

A Sagrada Familia é a obra máis famosa de Gaudí, á que lle adicou toda a súa vida, ata o extremo de que viviu dentro do recinto para seguir máis de preto a construción. Cómpre sinalar que é o único gran templo actualmente en construción en todo o mundo. A obra máis coñecida de Antoni Gaudí, nin foi iniciada por el, nin evidentemente puido acabala. Á idade de 31 anos fíxose cargo da dirección das obras deste templo, tras a dimisión do arquitecto inicial, Francisco de Paula Villar, cando xa se construira unha parte da cripta subterránea.

Gaudí cambiou radicalmente o primeiro proxecto substituíndoo por un propio, moito máis ambicioso, orixinal e atrevido que o inicial. A fachada do Nacemento, é a parte da obra que Gaudí desexaba deixar rematada como mostra e exemplo para os seus continuadores, xa que el, moi ao seu pesar, tivo que aceptar que era imposible chegar a realizar unha obra desta envergadura no curto período dunha vida. Case nos inicios fora tan optimista que soñou con que podería chegar a acabala en pouco máis de dez anos. O proxecto terá un total de 18 torres e 3 fachadas, a do Nacemento, da Paixón e da Gloria. As 12 máis baixas, corresponden ás tres fachadas, e están adicadas aos apóstolos. Catro, de superior altura, aos evanxelistas. Sobre a ábsida, de maior diámetro, á Virxe María e a máis alta que remata todo o templo, está adicada a Xesucristo...".

PROGRAMA:

Aniversarios·Pasodobre de Simón Couceiro

Eighth Symphony de James Barnes

  1. Andante

  2. Scherzo

  3. Romanza

  4. Finale

Descanso

Sinfonía nº 3 (The Great Spirit) de Ferrer Ferran

  1. < >

    A Sagrada Familia

VINDEIROS CONCERTOS:

DÍA 21 DE XUÑO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

DÍA 27 DE XUÑO ÁS 19.00 HORAS NA PRAZA DAS BÁRBARAS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión