Premio ao mellor filme internacional Hot Docs Toronto 2012. Mellor documental (Teddy Bear) Festival de Cinema de Berlín 2012.
Para público en xeral
Dende o 08/06/2017 ata o 10/06/2017
Xa rematou
- Xoves 8 de xuño - 20.15 h
- Venres 9 de xuño - 20.15 h * Charla - coloquio con Dunia Belhoucine e Daniel Bóveda
- Sábado 10 de xuño - 17.15 e 20.15 h
87 min
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 3'00 €
(carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 2'00 €)
Sesión do espectador - sábado ás 17.15 h. Prezo único 1'50 €
Tel.: 981 184 293
A historia
"Kuchu" é o termo popular con que se denomina o colectivo lésbico, gai, bisexual e transexual (LGBT) en Uganda. Un colectivo perseguido social, cultural e xudicialmente. A ameaza dunha nova "Lei contra a homosexualidade", que establece penas de prisión e mesmo de morte para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais da loita contra a violación dos dereitos humanos.
David Kato, o primeiro home en Uganda abertamente gai, é un dos poucos que se atreven a protestar publicamente contra as sancións homófobas do Estado. David loita, xunto cos seus compañeiros activistas, para cambiar o destino dos Kuchus en África, pois como di o propio David "se nos seguimos escondendo, dirán que non estamos aquí".
As directoras
Malika Zouhali-Worrall traballa como xornalista de prensa escrita e audiovisual no Financial Times e a CNN. Traballou para a CNN de India, Uganda, China e EEUU sobre temas de política, tecnoloxía e dereitos do colectivo LGBT. Malika graduouse na Universidade de Cambridge e ten un Máster en Relacións Internacionais do Instituto de Estudos Políticos de París.
Katherine Fairfax Wright graduouse na Universidade de Columbia cunha dobre licenciatura en Estudos de Cinema e Antropoloxía. Traballou como produtora en varias películas e foi premiada como directora de fotografía. É considerada un dos 25 novos rostros do cinema independente de 2012 pola revista Filmmaker Magazine de EEUU.
Premios e festivais
• Mellor Filme Internacional - Hot Docs, Toronto, 2012
• Sección Oficial Festival de Cinema de Berlín, 2012
• Premio Teddy Bear por Mellor Documental
• Premio Cinema Fairbindet
• Premio de Amnistía Internacional polos Dereitos Humanos - Festival de cinema de Durban, Sudáfrica, 2012
• Premio do público - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de San Francisco, 2012
• Premio Mellor Documental - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de Austin, 2012
• Mención especial - Festival Antenna, Sídney 2012.
Ficha técnica
Directoras: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright
Fotografía e montaxe: Katherine Fairfax Wright
Produtora: Malika Zouhali-Worrall
Son: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright
Música: Jon Mandabach
Formato: DVD
VENDA DE ENTRADAS
No despacho de billetes de Fórum desde media hora antes do inicio da proxección.
VENDA ANTICIPADA
Na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Sábados de 10.00 a 13.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible