O Ágora e o Fórum Metropolitano lanzan xa a súa oferta de campamentos para este verán
Nenas e nenos nacidos entre os anos 2005-2013, ambos incluídos.
Familias, Infancia
Dende o 26/06/2017 ata o 01/09/2017
Xa rematou
Dende o 02/05/2017 ata o 04/05/2017
Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.
As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da preinscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.
Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar un almorzo, que traerá cada participante.
O último día da quenda do campamento, o horario prolongarase até as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia na que cada participante levará a súa comida.
1ª quenda: do 26 de xuño ao 7 de xullo
2ª quenda: do 10 de xullo ao 21 de xullo
3ª quenda: do 24 de xullo ao 4 de agosto (o día 25 de xullo non teremos campamento)
4ª quenda: do 7 de agosto ao 18 de agosto (o día 15 de agosto non teremos campamento)
5ª quenda: do 21 de agosto ao 1 de setembro
35 euros por participante e quenda.
Ampliación de horario: 5 euros.
De temática variada e levados a cabo por un equipo formado por educadores altamente cualificados, o gran valor lúdico e formativo así como o seu económico prezo converten esta actividade nun máis que interesante reclamo para todas as familias da cidade.
A chegada do verán danos a posibilidade de contribuír ao desenvolvemento dos máis novos, permitíndolles gozar de valores como o compañeirismo, con ricas e variadas experiencias, ao tempo que coñecen e participan do día a día da súa cidade.
A cidade, con todo o que nela se percibe e vive, forma parte da nosa vida cotiá. Desta maneira, os campamentos municipais pretenden que os nenos e nenas da Coruña teñan a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer a través de todo tipo de producións plásticas, musicais, xogos motrices, de expresión oral e escrita, de lóxica e matemática... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o goce e descuberta do seu contorno urbano.
O Concello da Coruña presenta unha variada oferta, coa intención de inverter este tempo de lecer en actividades formativas, dándolle tamén resposta ás necesidades das familias unha vez finalizado o curso escolar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible