"O que ten oficio ten xeitiño"
Nenas e nenos nados entre 2005 e 2013, agrupados por idades.
Familias, Infancia
Dende o 22/12/2017 ata o 05/01/2018
Xa rematou
Desde as 10.00 ás 14.00 h, os días indicados. Coa posibilidade de ampliación horaria para a conciliación familiar: de 9.00 a 10.00 h.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Campamento: 35 € - Coa ampliación horaria: 40 €
INSCRICIÓNS:
Na conserxería do Fórum Metropolitano ou de Ágora, a partir do 4 de decembro, ata cubrir as prazas, é necesario facer a inscrición no centro no que se desexe realizar o campamento.
En horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas, 50% en horario de mañá (55) e 50% en horario de tarde (55).
Admitiranse 3 fichas por persoa, excepto no caso de ser irmáns, no que se recollerán todas as fichas. Reservarase o 10% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades co grupo.
Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. En caso de resultar maior a demanda deste tipo de prazas, Radio Ecca valorará individualmente a pertinencia de cada unha das solicitudes.
Número de prazas: 110 nenas/os por centro, distribuídos en 6 grupos por idades.
Fórum Metropolitano: 981 184 293
Centro Ágora: 981 189 888
Ao longo deste campamento descubriremos infinidade de materiais e poñerémonos na pel dos distintos gremios que ao longo da nosa historia traballaron coas súas mans os produtos da terra.
Coñeceremos os mestres tecedores que cun pouco de la facían alfombras ou pulseiras de infinitas cores, seremos marroquís para traballar o coiro. Gozaremos das nosas madeiras tal cal fósemos carpinteiros, moldearemos o barro para sentilo nas nosas mans e facer todo tipo de obxectos creativos.
Coñeceremos e descubriremos algúns materiais que nos darán infinitas sorpresas e posibilidades para desenvolver a nosa creatividade.
Sempre fomentando os valores cívicos e de compañeirismo, selo dos nosos campamentos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible