Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cándido Pazó

Monólogos no Fórum

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

7,00 euros (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 6,00 euros).

Venda anticipada ata o día anterior ao espectáculo ás 23.59 h: 5,00 euros.

Televenda:

Ticketea

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Comeza a súa actividade como actor en 1975 e vincúlase ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galicia e sendo un dos benxamíns das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia.

Na súa formación non regulada, é necesario resaltar o seu paso pola École Philippe Gaulier, en París, que acabará deixando moita pegada nos seus traballos de escritura e posta en escena. Despois dunha primeira etapa de actor en diversas compañías e no CDG, debuta como autor e director de escena con O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil, 1989), peza representada pola súa compañía Tranvía Teatro.

Dirixindo a compañía Ollomoltranvía, poñen en escena o seu traballo máis soado, COMMEDIA, un xoguete para Goldoni, espectáculo de commedia dell´arte que recibe os premios Compostela 93 ao Mellor Espectáculo, Mellor Dirección e Mellor Actor Protagonista, así como o Premio da Crítica do País Valenciá ao Mellor Espectáculo de 1994 e o premio da A.I.T.A. (Asociación Independente de Teatro de Alacante) como Mellor Espectáculo de l995.

Realizou postas en escena, adaptacións ou traducións para diversas compañías galegas e o CDG, traballando con textos propios ou de Roma Mahieu, Gil Vicente, Quico Cadaval, Marco Antonio de la Parra, Suso de Toro, Sanchís Sinisterra, Therry Jones, Umberto Eco ou Itziar Pascua.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión