Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carlos Maside - Aquel abrazo

A exposición Carlos Maside - Luis Seoane. Aquel abrazo é un proxecto que se concibe como un diálogo entre os dous primeiros artistas totais da arte galega contemporánea a partir da relación epistolar que ambos estableceron entre 1947 e 1958, e tamén como un estudo da pegada de Maside na obra de Seoane, para quen Maside é un referente estético, xa que é pioneiro en aplicar desde un punto de vista teórico e formal os postulados da modernidade na súa pintura, rompendo definitivamente co academicismo e clasicismo da xeración anterior.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/05/2016 ata o 02/10/2016

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Páxina web:

www.fundacionluisseoane.gal

Organiza:

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

É Seoane quen establece con acerto as cualidades que caracterizan a obra de Maside: o rigor da construción do cadro, o coidado das formas e a intensidade da cor, e posteriormente, o vigor da composición e a intensidade do debuxo. 
 
A mostra, realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, conta con 27 obras de Carlos Maside, na súa maioría cedidas para a ocasión polo Legado Carlos Maside e con 9 de Luis Seoane pertencentes á colección da Fundación. Ademais, na exposición incluense un debuxo e o primeiro busto realizado por outro gran renovador da arte galega, o escultor Xosé Eiroa, cuxa obra exerceu unha gran influencia en ambos artistas, especialmente en Luis Seoane, cuxa efixie protagoniza esta peza presente na mostra, e por último, un poema inédito de Luis Seoane dedicado a Manuel Antonio en 1935, quen xunto a Rafael Dieste e o propio Maside formarían a base que establecería os novos códigos dunha arte e unha cultural galegas inseridas na modernidade. 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión