Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carol de Todd Haynes

Nova York, 1950. Dúas mulleres diferentes, Therese, unha moza aspirante a fotógrafa que traballa nuns grandes almacéns, e Carol, unha muller madura atrapada nun matrimonio sen amor, viven un apaixonado romance que axiña abandona a inocencia do primeiro encontro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/06/2017 ata o 01/07/2017

Xa rematou

Horario:

Xoves 29 de xuño - 20.15 h

Venres 30 de xuño - 20.15 h

Sábado 1 de xullo - 17.15 e 20.15 h

Duración:

118 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Con invitación (No despacho de entradas desde 30 minutos antes de cada proxección. Máximo dúas por persoa).

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

Outra Carol, de apelido White, pechaba a extraordinaria Safe (1995), a segunda longametraxe de Haynes, achegándose á cámara e balbucindo, chorosa, un conmovedor, perturbador quérote. Era a Pantasma do Nadal Futuro desta Carol sofisticada e desafiante, capaz de sacrificalo todo por un frechazo? Ambas as Carol representan, en todo caso, o gran tema da filmografía de Haynes: que significa asumir a túa identidade cando esta contradí a presión codificada do sistema social? Neste caso, reinterpretando a novela secreta de Patricia Highsmith para equilibrar o seu traballo sobre o punto de vista e ofrecernos un capítulo máis da súa revisionista historia do melodrama clásico.

Máis preto da súa magnífica serie Mildred Pierce que da sirkiana Lonxe do Ceo (2002), as imaxes de Carol adquiren unha beleza diáfana, tan transparente como opresiva. Apoiadas nas magníficas interpretacións de Blanchett e Mara, logran traspasar os muros do artificio social para acariñar o pescozo do amor verdadeiro.

Formato: DVD

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión