Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo "Os ollos abertos"

“Os ollos abertos” é un ciclo de cinema organizado pola ONG A.I.R.E. e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/09/2018 ata o 27/09/2018

Xa rematou

Horario:

19.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

78 por pase

Prezo:

Libre

Organiza:

ONG A.I.R.E. e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Fórum Metropolitano

Documentos:

Programa "Os ollos abertos" en castelán (1 MB)

Programa "Os ollos abertos" en galego (1 MB)

O tema elixido é o das "persoas refuxiadas" xa que o traballo na ONG A.I.R.E. desenvólvese principalmente xunto a elas. O propósito do ciclo é que o público abra os ollos ás imaxes que van ver e tamén os abra fronte a esta crise humanitaria que se está vivindo na actualidade, crise que non sempre se trata coa importancia e o rigor necesarios.

Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio con invitados especializados na materia e profundarase acerca da temática proposta pola película.

- Luns 24 de setembro

ALMA MATER de Philippe Van Leeuw

Coloquio con Araceli del Soto

- Martes 25 de setembro

69 MINUTES OF 86 DAYS de Egil Håskjold Larsen + TOUT LE MONDE AIME LE BORD DE LA MER de Keina Espiñeira

Coloquio con Keina Espiñeira

- Mércores 26 de setembro

FUOCOAMMARE de Gianfranco Rosi

Coloquio con Federico Pichel

- Xoves 27 de setembro

MEDITERRANEA de Jonas Carpignano

Coloquio con membros das seguintes ONG locais: SOS Racismo, Ecos do Sur, Ecodesarrollo Gaia, Acemm.

* Todas as proxeccións serán en DVD-VOSE.

* Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio con persoas invitadas especializadas na materia e profundarase sobre a temática proposta pola película.

* A entrada ao ciclo "Os ollos abertos" será libre ata completar a capacidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión