Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Crimen y telón

De Álvaro Tato

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/10/2018 ata o 13/10/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ticketea

Señores espectadores: quedan detidos como sospeitosos, cómplices ou testemuñas dun articidio en primeiro grao. Teñen dereito a rir, chorar, emocionarse, seguir o ritmo das cancións e non lle desvelar a ninguén o final de Crimen y telón.

O Teatro morreu e o detective Noir ten que descubrir o asasino antes que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do Teatro en busca de verdades ocultas mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra...

Unha homenaxe ao teatro universal con forma de thriller de xénero negro, ambientado nun próximo futuro en que as artes están prohibidas e o noso planeta, convertido en Cidade Terra, é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de dróns. Unha investigación contrarreloxo en que o asasino podería ser calquera.

Mesmo vostedes, señores espectadores.

Con Juan Cañas, Íñigo Echevarría/Jacinto Bobo, Fran García, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher

Dirección: Yayo Cáceres

Idea orixinal e creación: Ron Lalá

Compañía: Ron Lalá

Venda de entradas soltas a partir do 10 de setembro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión