Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Dúas donas que bailan

De Josep Mª Benr i Jornet baixo a dirección de Xúlio Lago

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/02/2019 ata o 02/02/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.

Unha muller maior, que soña cunha viaxe a París e con acabar unha colección de cómics da infancia, resístese a abandonar o piso no que habita desde nena, ademais a presión dos fillos e do dono do inmoble; todos eles teñen outros plans para a vivenda.

Neste agasallo teatral, Benet i Jornet fainos compartir os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres esconden baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables combates que teñen que afrontar: Alzheimer, desencontro xeracional, e outros pequenos asuntos que lles vai impoñendo a imparable dinámica da sociedade capitalista contemporánea.

Gran Teatro.

Con María Barcala e María Ángeles Iglesias

Dirección: Xúlio Lago

Compañía: Teatro do Atlántico

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/search/?term=Duas donas que bailan 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión