Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "El castigo sin venganza"

De Lope de Vega, baixo a dirección de Helena Pimenta

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/04/2019 ata o 06/04/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

(Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

Cando Lope quere...

Esta tempada abordamos a peza fundamental da traxedia clásica española do Século de Ouro: "El castigo sin venganza" de Lope de Vega, unha das obras mestras da literatura dramática universal que nos mostra novas facetas en cada relectura, en cada posta en escena, como un diamante que reflicte nas súas arestas un retrato íntimo da sociedade de todas as épocas, cos seus medos, pulsións, contradicións e pantasmas.

Esta crepuscular traxedia de honra oculta unha profunda reflexión sobre o poder, a xustiza, a responsabilidade, o amor e o desexo, ambientada no contexto político das cidades-estado enfrontadas na convulsa Italia de finais do quattrocento.

Atrapados na arañeira dun palacio de susurros, espellos e segredos, os personaxes enfróntanse á súa conciencia cunha intensidade descoñecida; a beleza dos versos alíase coa aspereza brutal dos conflitos e cun delicado ritmo case cinematográfico en que as escenas se entrelazan e xustapoñen. De fondo, a fama como eixo dunhas vidas abocadas á mentira vai gobernando unha trama que desemboca nun desenlace sanguento sen físgoa de esperanza.

No prólogo á edición de 1634, o propio Lope cualificaba a súa obra de traxedia escrita ao estilo español, dando fe da singularidade dun texto dramático que, décadas despois, un editor portugués subtitularía Cuando Lope quiere, quiere; todo un indicio do asombro e admiración que provocou ao longo dos séculos para lectores e espectadores.

Desoladora, fermosa, maxistral, El castigo sin venganza ofrécenos un espello tráxico da condición humana. Obra mestra da senectude do Fénix, reflexo do seu desencanto pola sociedade e a dor das súas circunstancias persoais e familiares pero, á vez, audaz superación dunha arte destilada e precisa ante a irrupción dos poetas e dramaturgos novos que se van apropiando da primacía escénica, este canto de cisne lopesco mantén hoxe a implacable vixencia da arte da traxedia: unha lúcida viaxe ás sombras de nós mesmos.

Helena Pimenta

Con

Ricardo: Alejandro Pau

Febo: Fernando Trujillo

Duque de Ferrara: Joaquín Notario

Cintia/Andrelina /Lucrecia: Lola Baldrich

Aurora: Nuria Gallardo

Federico: Rafa Castejón

Batín: Carlos Chamarro

Casandra: Beatriz Arguello

Marqués de Gonzaga: Javier Collado

Coro: Anna Maruny, Fernando Trujillo, Alejandro Pau, Íñigo Álvarez de Lara

Dirección: Helena Pimenta

Compañía: Compañía Nacional de Teatro Clásico

Venda de entradas

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión