Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Incendios

De Wajdi Mouawad

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

190 minutos (15 min de descanso)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

26'00, 22'00, 18'00, 12'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

A infancia é un coitelo cravado na garganta

Tras permanecer nun silencio hermético durante cinco anos, falece unha nai, interpretada por Nuria Espert, que lles deixa un sobre a cada un dos seus fillos xemelgos. A partir de aí, somos testemuñas da procura das pegadas dunha vida marcada pola guerra e o desamparo, en que a traxedia política e a humana se entrelazan nun estremecedor relato.

Wajdi Mouawad logrou con esta obra "incendiar" o corazón do público de moitos países cunha intensidade que non ten parangón. "Mouawad é un incendiario, pero das fabulosas aves fénix que renacen das súas cinzas. Incendios fala dese renacer, de lumes que ás veces hai que sementar, do terrible camiño que a miúdo fai falta percorrer para chegar a un mesmo."

Mario Gas reúne unha repartición extraordinaria para a estrea no noso país en lingua castelá desta obra clave do século XXI.

Con Nuria Espert, Laia Marull, Carlota Olcina, Álex García, Ramón Barea, Alberto Iglesias, Lucía Barrado, Germán Torres.

Dirección: Mario Gas

Produción de YSARCA coa colaboración de Teatro Invernadero en coprodución con Teatro de la Abadía

Venda de entradas:

Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión