Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "La ternura"

De Alfredo Sanzol

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/12/2017 ata o 23/12/2017

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

La Ternura conta a historia dunha raíña algo maga e as súas dúas fillas, princesas, que viaxan na Armada Invencible obrigadas por Felipe II a casar en matrimonios de conveniencia con nobres ingleses unha vez que se lograse con éxito a invasión de Inglaterra. A Raíña Esmeralda odia os homes porque sempre condicionaron a súa vida e quitáronlle a liberdade, así que non está disposta a que as súas fillas teñan o mesmo destino ca ela. Cando a Armada pasa preto dunha illa que a Raíña considera deserta crea unha tempestade que afunde o barco no que viaxan. O seu plan é quedar a vivir nesa illa coas súas fillas para non volver ver un home na súa vida. O problema é que elixen unha illa na que desde hai vinte anos viven un leñador cos seus dous fillos que fuxiron alí para non volver ver unha muller na súa vida. En canto a raíña e as dúas princesas descobren que non están soas vístense de homes para protexerse. E aquí comezan as aventuras, as leas, os namoramentos e as confusións. Almas atormentadas, plans e requebros, corazóns salvaxes, desexos, tremores, visións, xogos, enganos, relacións imprevisibles, enfados, beleza, confianza, maxia, enredos, aire, terra, tormentas, esconxuros, tolemia, celos, amores eternos, inocencia... En definitiva, TENRURA

Con Paco Déniz, Elena González, Natalia Hernández, Javier Lara, Juan Antonio Lumbreras, Eva Trancón.

Texto e dirección: Alfredo Sanzol

Teatro de la ciudad en coprodución con Teatro de la Abadía

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión