Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Lehman Trilogy

De Stephano Massini, baixo a dirección de Sergio Peris-Mencheta

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/05/2019 ata o 04/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

3 horas e media con 2 descansos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.

Lehman Trilogy conta a historia de 3 xeracións da familia Lehman desde o seu ascenso ata a súa caída. Desde que Henry Lehman, fillo maior dun comerciante xudeu de gando, sae de Baviera en 1844 e chega a EEUU en busca do soño americano e unha vida mellor, ata a caída de Lehman Brothers, uns dos maiores bancos de investimento en 2008, que desencadeou a peor crise financeira no mundo da que aínda sufrimos as súas consecuencias.

Máis de 120 personaxes desfilan diante dos nosos ollos da man de 6 músicos actores nunha fascinante e divertida viaxe que narra, a través do humor e do relato, as diferentes etapas da construción e deriva do capitalismo moderno, nun ton mordaz e irónico cun aroma á vez pedagóxico e crítico, facendo o público partícipe dos vaivéns da economía.

Lehman Trilogy percorre, a través de 150 anos, a historia do capitalismo moderno reflexionando sobre o poder destrutor do diñeiro e a deshumanización que sufriron as institucións económicas e políticas desbordadas pola tola carreira en busca do fácil beneficio.

Con Ferrán González, Dario Paso, Leo Rivera, Pepe Lorente, Litus Ruiz, Aitor Beltrán

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Compañía: Barco Pirata Producciones

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/search/?term=lehman trilogy

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión