Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: O rei morre

De Eugène Ionesco, baixo a dirección de Ana Vallés

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/05/2019 ata o 18/05/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

55 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20 %; familias numerosas: -25 %)

(Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida. Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

Con Fernando Dacosta: o rei Berenguer I; Fina Calleja: Margarida, primeira muller do rei; Sabela Gago: médica real; Nate Borrajo: María, segunda muller do rei; Alfonso Míguez: Alfonso, súbdito.

Dirección: Ana Vallés

Compañía: Sarabela Teatro

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/venues/teatrorosaliadecastro/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión