Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto benéfico de amizades a favor de Cáritas Diocesana de Santiago - Interparroquial da Coruña

A Agrupación Musical amiZades nace na cidade da Coruña, da afección dun grupo de persoas á música e das súas inquietudes sociais, culturais e humanitarias.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/07/2019

Xa rematou

Horario:

20.00 h (Apertura de portas: 19.30 h)

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Rúa Uruguay 2, A. 15004 A Coruña

Prezo:

8,00 €

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

Organiza:

Cáritas Diocesana de Santiago - Interparroquial da Coruña

Son evidentes uns esquemas musicais, corais e solistas sólidos capaces de sustentar un repertorio de obras de longo percorrido sentimental e de conexión cun público que sintoniza moi rapidamente co grupo.

A forma de expresar e de interpretar sitúa a amiZades nun alto punto musical, con logros de gran calado artístico. A súa capacidade de empaste, as súas versións e arranxos particulares, o seu orixinal cambio de ritmo, ofrecen unha garantía de espectáculo.

Los Sabandeños, Los Gofiones, Los Panchos, Compay Segundo, Los Brincos... foron testemuñas, en actuacións conxuntas, da extraordinaria calidade vogal e instrumental deste grupo, capaz de manter durante dúas horas a un público entregado.

O 12 de xullo, a solidariedade destes artistas quedará patente unha vez máis cunha actuación benéfica a favor de Cáritas Interparroquial da Coruña. É a súa forma de contribuír para lograr unha sociedade máis xusta e inclusiva, a través do labor social, amplamente recoñecida, de Cáritas.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Palacio da Ópera: día do concerto de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata o inicio do concerto

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión