Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de M. del Mar Bonet - 50 años de escenarios

32 Festival Noroeste

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/08/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h (apertura de portas: 20.00 h)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea - 18,00 €
  • Palcos centrais - 15,00 €
  • Palcos laterais - 12.00 €
  • Principal - 12,00 €

Televenda:

Ticketea

María del Mar Bonet leva cincuenta anos nos escenarios. Cincuenta anos formando parte da nosa banda sonora na intimidade, presente nas nosas loitas persoais, políticas ou sentimentais, ilustrando momentos vividos coa súa música e a súa voz.

Pioneira a finais dos sesenta da canción mediterránea e do máis adiante chamado mestizaxe, emocionounos xa nos seus inicios con Merçè, No trobaràs la mar ou L'Àguila negra; acompañándonos desde sempre nas viaxes de cada un - aínda que fosen ás cegas ou soñando -, polo Mediterráneo coa Dansa de la primavera; polas rúas e prazas de Valencia con Alenar, e pola Serra de Tramontana de Mallorca con El Pi de Fermentor e La Balanguera.

Reivindicar e coñecer os centos e centos de concertos pola xeografía mundial, así as súas incontables colaboracións con cantantes, músicos e artistas do mundo enteiro recoñecendo o seu traballo e entrega á música, é a mellor homenaxe. 

Fuxindo de actitudes nostálxicas, gozando o presente e pensando no futuro, o concerto no Teatro Colón é unha ocasión de ouro para emocionarse cunha voz coa capacidade que soamente teñen algúns, de saltar de década en década sentíndose igual de amada e respectada. 

Coa súa inconfundible voz e desde a súa inmensa nave balear, María del Mar Bonet recupera esta noite os títulos máis emblemáticos do seu extenso cancioneiro, trasladándonos a través da música, a lugares cataláns, de Valencia e Mallorca, de Italia, Turquía, Grecia, Siria, achegándonos ás súas paisaxes, aos seus cheiros, como se dunha invitación a un paseo por un sexto continente chamado Mediterráneo se tratase. 

María del Mar Bonet: voz, guitarra e cuatro

Borja Penalba: guitarras e voz

Toni Cuenca: contrabaixo

Antonio Sánchez: percusións

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho da pza. de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

- Ticketea: 902 044 226 - web

- Despacho do Teatro Colón: mesmo día do concerto desde 2 horas antes (sempre que queden localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión